Axente libre | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 17 de agosto de 1986 (37 anos) Baton Rouge, Luisiana |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | McKinley (Baton Rouge, Louisiana) |
Universidade | LSU (2005–2006) |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | desde 2006 |
Historial de equipos | |
Chicago Bulls (2006–2010) Charlotte Bobcats (2010–2013) Iowa Energy (2015) Memphis Grizzlies (2015) Eisbären Bremerhaven (2015–2016) | |
Premios e galardóns | |
1º Equipo All-Rookie NBA (2007) |
Tyrus Wayne Thomas, nado o 17 de agosto de 1986 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.
O 28 de xuño de 2006 foi seleccionado polos Portland Trail Blazers na 4ª posición do Draft da NBA de 2006. Máis tarde foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio da segunda rolda dese mesmo draft, LaMarcus Aldridge.
O 18 de febreiro de 2010, Thomas foi traspasado ós Charlotte Bobcats a cambio de Acie Law, Ronald Murray e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[1] O 12 de xullo de 2010, asinou un novo contrato cos Bobcats por 5 anos e 40 millóns de dólares.[2]
O 13 de xaneiro de 2015, Thomas foi adquirido polos Iowa Energy da NBA Development League.[3]
O 4 de setembro de 2015, Thomas asinou un contrato dun ano co Eisbären Bremerhaven da Basketball Bundesliga.[4]