Axente libre | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1984 (39 anos) Pasadena (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | John Muir (Pasadena, California) |
Universidade | UCLA (2002–2006) |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 2 / Elección: 50 Por Charlotte Bobcats |
Carreira | dende 2006 |
Historial de equipos | |
Charlotte Bobcats (2006–2009) →Fort Worth Flyers (NBA D-League) (2006) Dallas Mavericks (2009) Minnesota Timberwolves (2009–2010) Cleveland Cavaliers (2010–2012) Boston Celtics (2012) Los Angeles Clippers (2012–2014) Sacramento Kings (2014–2015) Washington Wizards (2015) Memphis Grizzlies (2015–2016) Gran Canaria (2016–2017) Auxilium Torino (2017) |
Ryan Kenwood Hollins, nado o 10 de outubro de 1984 en Pasadena (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que é axente libre.
Hollins foi elixido na segunda rolda (50ª posición) do Draft da NBA de 2006 polos Charlotte Bobcats. Foi o 100º xogador de UCLA en ser elixido no Draft da NBA. Na súa tempada coma rookie, xogou en 27 partidos e acadou 2.6 puntos por encontro.
Durante a pretempada de 2008, os Bobcats fixéronlle unha oferta e Hollins converteuse en axente libre restrinxido.[1] O 25 de xullo de 2008, asinou a oferta que lle fixeran para quedar un ano máis cos Charlotte Bobcats.[2]
O 16 de xaneiro de 2009, Hollins foi traspasado aos Dallas Mavericks xunto con Matt Carroll a cambio de DeSagana Diop.[3]
O 3 de agosto de 2009, asinou polos Minnesota Timberwolves un contrato por tres anos cun valor de 7 millóns de dólares.[4] Os Mavericks non igualaron a oferta, e Hollins foise a Minnesota.[5]
O 26 de xullo de 2010, Hollins foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto ao base Ramon Sessions e unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2013, a cambio de Delonte West e Sebastian Telfair.[6] O 20 de marzo de 2012, foi cortado polos Cavaliers.[7]
Asinou cos Boston Celtics o 23 de marzo de 2012.[8] Hollins xogou en 15 partidos da tempada regular cos Celtics, e en 17 de 20 partidos nos Playoffs, aportando enerxía e capacidade reboteadora.
O 23 de xullo de 2012, asinou cos Los Angeles Clippers.[9]
O 18 de setembro de 2014, Hollins asinou cos Sacramento Kings.[10]