Olympiacos BC | |
Posición | Base |
---|---|
Liga | A1 Ethniki |
Información persoal | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1985 (39 anos) Dallas, Texas |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 92 kg (202 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Kimball |
Universidade | Texas A&M |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 11 Por Atlanta Hawks |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Atlanta Hawks (2007-2009) Golden State Warriors (2009) Charlotte Bobcats (2009-2010) Chicago Bulls (2010) Memphis Grizzlies (2010) Golden State Warriors (2010-2011) KK Partizan (2011-2012) Olympiacos BC (2012-presente) |
Acie Law IV, nado o 25 de xaneiro de 1985 en Dallas, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no KK Partizan, que compite na A1 Ethniki (liga grega) e na Euroliga.
O 28 de xuño de 2007, Law foi escollido na 11ª posición do Draft da NBA polos Atlanta Hawks. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 6 de novembro de 2007, contra os New Jersey Nets.[1]
Na súa tempada coma rookie, Law acadou 4.2 puntos e 2.0 asistencias, e fixo o 20,6% das triplas intentadas e o 40% dos tiros de campo intentados.[2] Perdeuse dez partidos debido a unha lesión no nocello dereito.[3]
Na pretempada de 2008, Law foi escollido no primeiro equipo da Summer League, xunto con outros catro xogadores. Fixo 16.2 puntos, 3.6 asistencias e 2.2 rebotes, liderando aos Hawks a unha marca de 4-2. Quedou sexto en anotación e sexto tamén en número de asistencias repartidas.[4][5]
O 25 de xuño de 2009, Law foi traspasado aos Golden State Warriors xunto con Speedy Claxton a cambio de Jamal Crawford.[6]
O 16 de novembro de 2009, Law foi traspasado aos Charlotte Bobcats xunto con Stephen Jackson a cambio de Raja Bell e Vladimir Radmanović.[7]
O 18 de febreiro de 2010, Law foi traspasado aos Chicago Bulls xunto con Flip Murray a cambio de Tyrus Thomas.[8]
O 5 de agosto de 2010, Law asinou un contrato dun ano cos Memphis Grizzlies.[9] Foi cortado polos Grizzlies o 4 de decembro de 2010, tras xogar en 11 partidos da tempada regular para Memphis.
O 9 de decembro de 2010, Law asinou cos Golden State Warriors.
En xullo de 2011, Law asinou un contrato dun ano co KK Partizan.[10][11]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acie Law |