Axente libre | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1986 (38 anos) Memphis, Tennessee |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Laurinburg Institute |
Universidade | Memphis (2005–2006) |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 17 Por Indiana Pacers |
Carreira | dende 2006 |
Historial de equipos | |
Indiana Pacers (2006-2008) Dallas Mavericks (2008-2010) New York Knicks (2010-2011) New Jersey Nets (2011-2012) Guangzhou Liu Sui (2013) Los Angeles Lakers (2013-2014) Los Angeles D-Fenders (2014) Los Angeles Lakers (2014) Miami Heat (2014-2015) Detroit Pistons (2015) | |
Información en nba.com |
Shawne Brian Williams, nado o 16 de febreiro de 1986 en Memphis, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional actualmente axente libre.
Williams foi seleccionado na 17ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Indiana Pacers, e asinou o seu contrato o 6 de xullo. Anotou 13 puntos no seu debut na NBA contra os Chicago Bulls o 11 de decembro de 2006.
O 10 de outubro de 2008, Williams foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio de Eddie Jones, dúas eleccións de segunda rolda do Draft e diñeiro.[1]
O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Williams e a Kris Humphries aos New Jersey Nets a cambio de Eduardo Nájera.[2] Catro días despois, os Nets o despediron.[3]
O 23 de setembro de 2010, asinou un contrato dun ano cos New York Knicks.[4]
O 15 de decembro de 2011, asinou cos New Jersey Nets un contrato por dous anos, que superaron a oferta realizada polos Knicks.[5]
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Mehmet Okur e unha eleccións de primeira rolda do Draft a cambio de Gerald Wallace,[6] pero nunca chegou a xogar cos Blazers.
O 3 de setembro de 2013, asinou cos Los Angeles Lakers.[7]
O 1 de agosto de 2014, Williams asinou cos Miami Heat.[8] O 19 de febreiro de 2015, Williams foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre os Heat, os Pelicans e os Phoenix Suns.[9] Tres días máis tarde, foi cortado polos Pelicans.[10]