Transportes Urbanos de Santiago S. A.
Tipoempresa de transporte e empresa pública
Data de fundación1999
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.tussa.org/
editar datos en Wikidata ]
Autobús de TUSSA.
Autobús de TUSSA.

Transportes Urbanos de Santiago S. A. (TUSSA) é unha empresa de transportes compostelá, responsable do transporte público urbano nesa cidade, así como da xestión de varios aparcadoiros públicos da cidade. A empresa ten en réxime de concesión un total de 22 liñas, que prestan servizo á cidade e áreas limítrofes, mesmo con zonas de concellos da Área metropolitana de Santiago de Compostela.

Liñas

Liñas urbanas

As liñas urbanas prestan servizo entre diferentes puntos da cidade. A frecuencia destas liñas vai desde os 12 minutos ata os 60, dependendo da liña, e son as seguintes:

Liñas circulares

Estas liñas conectan diferentes barrios cos hospitais e nós de comunicación:

Liñas interurbanas

Estas liñas parten de distintos puntos da cidade e ofrecen servizos a zonas situadas fóra da cidade, pero que polo seu nivel de poboación, fan necesario que teñan un servizo de transporte que as comunique co centro da cidade:

Nova concesión

No ano 2017 comezouse a deseñar a nova distribución de liñas de transporte urbano que botarían a andar na cidade. O proceso de cambio levaríase a cambio mediante un período transitorio (até o 31 de decembro de 2019) e un período definitivo (a partir do 1 de xaneiro de 2020) [1]. A día de hoxe aínda ningún destes cambios se levou a cabo. O Concello continúa a traballar no novo contrato do transporte coa idea de poñelo a funcionar no ano 2022 [2].

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. "Tussa: Novas". www.tussa.org. Consultado o 2022-06-07. 
  2. "A nova concesión do bus en Santiago rebaixará o acceso gratis dos pensionistas e subirá un 25 % o billete ordinario". La Voz de Galicia. 2021-07-06. Consultado o 2022-06-07.