Coordenadas: 42°52′43″N 8°32′59″O / 42.878717307145, -8.5498053333624
O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns[1], é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.
No ano 1835, o concello de Santiago iniciou a creación do Campo da Estrela[2] e mais do Paseo da Ferradura, que une os seus dous extremos rodeando a carballeira de Santa Susana.[3]
O Paseo da Ferradura é o miradoiro urbano máis coñecido do Parque da Alameda, situado na aba do outeiro de Santa Susana e bordeándoa no treito da entrada do paseo, cunha vista frontal da Catedral sobresaíndo entre a masa de edificios históricos, entre eles a fachada posterior do Pazo de Raxoi, polo que é a postal máis retratada.[4]
Outro miradoiro importante é o que permite ver o monte Pedroso, a Residencia e os arredores do sur de Santiago. Neste lugar atópanse os xardíns da Ferradura e o monumento a Rosalía de Castro.[5][6]
O Paseo da Ferradura foi cualificado por Otero Pedrayo como "o parque e paseo máis nobre de España".[3]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|