Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 26 de xullo de 1983 (40 anos) Washington, D.C. |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 95 kg (209 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Eleanor Roosevelt |
Universidade | Saint Joseph's |
NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 24 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2004 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2004-2007) Seattle SuperSonics (2007-2008) Cleveland Cavaliers (2008-2010) Boston Celtics (2010-2011) Dallas Mavericks (2011-2012) | |
Información en nba.com |
Delonte Maurice West, nado o 26 de xullo de 1983 en Washington, D.C.,[1] é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA. Xogou coa Universidade de saint Joseph na Liga Universitaria e na liga profeisonal, foi escollido no draft polo Boston Celtics e despois xogou con outros equipos como Seattle SuperSonics, Cleveland Cavaliers e Dallas Mavericks. Máis tarde pasou pola liga chinesa cos Fujian Xunxing e Shanghai Sharks para rematar a súa carreira profesional cos Texas Legends na D League.
Mide 1,96 e xogaba de escolta.
Despuntou no Instituto onde conseguiu varios títulos de Player of the Year (en galego, Xogador do ano) e no baloncesto universitario tamén destacou ao formar con Jammer Nelson a mellor dupla de xogadores exteriores que conseguiron, en 2003, que o seu equipo, os Hawks, conseguiran unha temporada regular sen ninguha derrota.[2]
Foi seleccionado polos Boston Celtics na posición 24 do Draft da NBA de 2004.[2] O seu primeiro ano foi difícil, xa que sufriu de continuas lesións, xogando un total de 39 partidos en toda a tempada. Fixo unha media de 4,5 puntos por partido.
No ano 2006 participou no equipo dos Sophomores do All-Star. Non foi previamente seleccionado, pero entrou no equipo a última hora tras a lesión do seu antigo compañeiro Jameer Nelson. O 21 de febreiro de 2008 foi traspasado dende os Seattle SuperSonics aos Cleveland Cavaliers xunto a Wally Szczerbiak a cambio de Ira Newble e Donyell Marshall. En agosto de 2010 foi traspasado aos Minnesota Timberwolves, mais unha semana despois dano de baixa, asinando un mes despois, o 1 de setembro, cos Boston Celtics.
West asinou cos Dallas Mavericks en decembro de 2011.[3] Foi suspendido indefinidamente tras unha derrota en pretempada o 15 de outubro de 2012. Foi reincorporado ó equipo ó día seguinte, pero dez días máis tarde foi suspendido de novo pola mesma razón, tras outra derrota. Tres días máis tarde, o 29 de outubro de 2012, os Mavericks cortáronlle o contrato por problemas de disciplina. A seguir, marchou á China, onde xogou nos Fujian Xunxing e Shanghai Sharks; Venezuela, e finalmente, fichou polos Texas Legends, o equipo filial dos Mavericks na D-League.[4]
Foi detipo pola policía en setembro de 2009, por mor dunha infracción de tráfico. Cando rexistraron o vehículo comprobaron que, dentro dunha funda de guitarra, escondía 3 armas: unha Beretta de 9mm, unha Ruger 357 e unha escopeta Remington 870.[5] A sentenza puido ser de cárcere pero resolveuse cun arresto domiciliario e 40 horas de servizo á comunidade;[6] a maiores, a NBA sancionouno con 10 partidos.[7]
O 21 de xaneiro de 2020, anos despois de se reirar, apareceron uns vídeos onde recibía unha malleira en plena rúa onde vivía na indixencia[8] tras ter malgastado varios millóns de dólares. Jammer Nelson, un dos xogadores con quen mantiña contacto, afirmou que dende 2009 sofría de trastorno bipolar e que rexeitaba calquera tipo de axuda. Varios ex compañeiros afirmaron, daquela, que o apoiarían, como LeBron James. Finalmente, tras varios meses sen recibir ningún tipo de axuda dos antigos compañeiros, foi Mark Cuban, empresario estadounidense e dono dos Mavericks de Dallas quen o sacou das rúas e pagou o tratamento de rehabilitación.[9][10]
Lenda | |||||
---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | PT | Partidos de titular | MPP | Minutos por partido |
%TC | Porcentaxe de tiros de campo | %3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres |
RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido | ROB | Roubos de balón por partido |
TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negras | Máximo da súa carreira |
Tempada | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROB | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004-05 | Boston | 39 | 7 | 13,0 | 42,6 | 35,8 | 70,4 | 1,7 | 1,4 | 0,5 | 0,2 | 4,5 |
2005-06 | Boston | 71 | 71 | 34,1 | 48,7 | 38,5 | 85,1 | 4,1 | 4,6 | 1,2 | 0,6 | 11,8 |
2006-07 | Boston | 69 | 47 | 32,2 | 42,7 | 36,5 | 85,3 | 3,0 | 4,4 | 1,1 | 0,5 | 12,2 |
2007-08 | Seattle | 35 | 5 | 20,8 | 38,8 | 33,9 | 66,7 | 2,7 | 3,2 | 0,9 | 0,3 | 6,8 |
2007-08 | Cleveland | 26 | 26 | 31,0 | 44,0 | 36,7 | 78,8 | 3,7 | 4,5 | 1,1 | 0,7 | 10,3 |
2008-09 | Cleveland | 64 | 64 | 33,6 | 45,7 | 39,9 | 83,3 | 3,2 | 3,5 | 1,5 | 0,2 | 11,7 |
2009-10 | Cleveland | 60 | 3 | 25,0 | 44,5 | 32,5 | 81,0 | 2,8 | 3,3 | 0,9 | 0,5 | 8,8 |
2010-11 | Boston | 24 | 2 | 18,9 | 45,8 | 36,4 | 86,7 | 1,5 | 2,7 | 0,8 | 0,4 | 5.6 |
2011-12 | Dallas | 44 | 33 | 24,1 | 46,1 | 35,5 | 88,6 | 2,3 | 3,2 | 1,3 | 0,2 | 9,6 |
Total | 432 | 258 | 27,4 | 44,8 | 37,2 | 82,6 | 2,9 | 3,6 | 1,1 | 0,4 | 9,7 |
Tempada | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROB | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | Boston | 7 | 3 | 16,4 | 52,4 | 45,5 | 50,0 | 1,3 | 0,6 | 1,0 | 0,1 | 4,1 |
2008 | Cleveland | 13 | 13 | 34,8 | 40,0 | 42,9 | 85,4 | 3,3 | 4,2 | 1,1 | 0,5 | 10,8 |
2009 | Cleveland | 14 | 14 | 42,2 | 46,5 | 33,3 | 83,3 | 3,5 | 4,1 | 1,4 | 0,5 | 13,8 |
2010 | Cleveland | 11 | 0 | 24,5 | 41,8 | 15,8 | 93,8 | 1,9 | 2,6 | 0,8 | 0,9 | 6,7 |
2011 | Boston | 9 | 0 | 18,9 | 46,8 | 36,8 | 80,0 | 1,9 | 1,3 | 0,6 | 0,0 | 6,6 |
2012 | Dallas | 4 | 3 | 22,0 | 42,3 | 50,0 | 100 | 1,8 | 2,0 | 0,8 | 0,0 | 7,5 |
Total | 58 | 33 | 29,0 | 44,2 | 36,1 | 84,7 | 2,5 | 2,8 | 1,0 | 0,3 | 9,1 |