A súa primeira sede foi construída entre 1678 e 1683 para albergar o "gabinete de curiosidades" que Elias Ashmole lle doou á Universidade de Oxford en 1677. O edificio actual ergueuse entre 1841 e 1845.[3]
O museo reabriu as súas portas en 2009 logo dunha fonda renovación. En novembro de 2011 inauguráronse novas galerías especializadas no Antigo Exipto e en Nubia, e en maio de 2016 abríronse outras dedicadas á arte do século XIX.
O museo comezou a súa andaina o 24 de maio de 1683, co naturalista Robert Plot como primeiro conservador.[4] A construción daquel edificio, situado na rúa Broad e que deu en coñecerse como o Vello Ashmolean, atribúeselle ás veces a Christopher Wren ou a Thomas Wood.[5]
Elias Ashmole adquiríralle a colección á familia de Xardineiros, viaxeiros e coleccionistas composta por John Tradescant, o Vello, e o seu fillo John Tradescant, o Novo. Aquela colección inicial abranguía moedas antigas, libros, gravados e pezas xeolóxicas e zoolóxicas; unha destas últimas era o corpo do derradeiro dodo visto en Europa, aínda que acabou tan devorado pola couza que en 1755 houbo que destruílo, coa excepción da súa cabeza e unha gadoupa.[6]
O edificio actual, na rúa Beaumont, construíuse entre 1841 e 1845. Foi deseñado para as galerías universitarias de Oxford polo arquitecto Charles Cockerell, nun estilo clásico. Unha ala do edificio, na esquina entre as rúas Beaumont e St Giles, está ocupada pola Taylor Institution, que é a Facultade de Linguas Modernas da Universidade. Esta ala foi deseñada por Cockerell utilizando a orde xónica da arquitectura grega.[7]
Arthur Evans (1851-1941), que foi nomeado conservador e que exerceu o seu labor desde 1884 ata o seu retiro en 1908, foi un dos responsables de que o museo chegase a se converter no que hoxe é.[8] Evans descubriu que algúns dos anteriores conservadores e directivos da entidade fixeran unha mala xestión que levara a perder case a metade das pezas da colección. El emprendeu unha serie de reformas e recibiu a doazón da colección de antigüidades de Charles Drury Edward Fortnum (1820-1899)[9]. Esta doazón viña acompañada da suma de 10.000 libras, que lle permitiu a Evans construír unha extensión das galerías universitarias e trasladar alí a colección Ashmolean en 1894. En 1908, a colección Ashmolean e as galerías universitarias fusionáronse no que se denominou Museo Ashmolean de Arte e Arqueoloxía.[10] Ademais, o museo converteuse nun depósito dalgúns dos importantes achados arqueolóxicos das escavacións de Evans en Creta.
Despois de que varios obxectos da colección fosen trasladados a novos museos, o edificio do Vello Asmolean utilizouse para as oficinas do Oxford English Dictionary. En 1924 estableceuse nel o Museo de Historia da Ciencia, entre cuxas exposicións se inclúen instrumentos científicos doados á Universidade de Oxford por Lewis Evans (1853-1930), o irmán máis novo de Arthur Evans. Destaca entre estes instrumentos a colección de astrolabios máis grande do mundo.[11]
Charles Buller Heberden (1849-1921) foi outro dos grandes benefactores da institución. Doou 1.000 libras á Universidade que foron usadas para a sala do gabinete de moedas e medallas do museo, que, na súa honra, tomou o nome de Sala Heberden.[12]
En 2012, a Fundación Andrew W. Mellon, con sede en Nova York, concedeulle ao Museo Ashmolean 1.100.000 dólares para a posta en marcha do Programa de Participación Universitaria. Este programa desenvólveno tres conservadores docentes e un director co obxectivo de utilizar as coleccións do museo na actividade didáctica e investigadora da Universidade de Oxford.[13]
O interior do Ashmolean modernizouse considerablemente nos últimos anos e agora inclúe un restaurante e unha tenda de regalos.[14]
En 2000 abriuse na entrada do edificio a Galería de Pinturachinesa, deseñada polo estudio londiniense de arquitecturavan Heyningen & Hawards. Esta colección alberga a propia colección de Ashmole e tamén se utiliza ocasionalmente para as exposicións temporais de préstamos doutros museos e de obras de artistas chineses contemporáneos.[15]
Entre 2006 e 2009, o museo sufriu unhas reformas de expansión deseñadas polo arquitecto Rick Mather, co apoio económico do Heritage Lottery Fund. Esta ampliación, que tivo un orzamento de 98,2 millóns de dólares, consistiu na reconversión dos tres andares iniciais en cinco alturas, co que se duplicou o espazo de exposición e se equipou un centro educativo. O museo renovado reabriu as súas portas ao público o 7 de novembro de 2009.[17][18][19][20]
O 26 de novembro de 2011, o Ashmolean inaugurou as novas galerías do Antigo Exipto e de Nubia. Esta segunda fase da renovación fai posible a exposición de obxectos que estiveran almacenados durante décadas, entre eles máis do dobre de cadaleitos e de momias. Rick Mather dirixiu o redeseño e o novo espazo expositivo, que anteriormente estaba dividido en catro salas.[21]
En maio de 2016, o museo abriu novas galerías dedicadas á exposición da súa colección de arte vitoriana.[22] Isto permitiu o regreso ao Ashmolean do Great Bookcase ("o grande estante"), un moble de libraría deseñado por William Burges e descrito como "to exemplo máis importante de moble pintado da época vitoriana".
A sección principal do museo contén grandes coleccións de pezas arqueolóxicas e de belas artes. Atópanse aí unha das mellores coleccións de pinturas prerrafaelistas, cerámica de Maiólica e prata inglesa. O departamento de arqueoloxía alberga o legado de Arthur Evans e ten unha colección excelente de cerámica grega e minoica, así como unha extensa colección de antigüidades do Antigo Exipcio e do Sudán. No seo do museo inscríbese tamén o Instituto Griffith para o avance da exiptoloxía.
Entre as pezas máis sobranceiras do Museo Ashmolean pódense salientar as seguintes:
O arquivo da familia Pissarro, doado na década de 1950, consistente en pinturas, gravados, debuxos, libros e cartas de Camille Pissarro e doutros membros da familia.
En 2015 o Ashmolean recadou o diñeiro necesario para a adquisición dun cadro importante de J. M. W. Turner, co apoio do Fondo da Lotaría do Reino Unido e diversas subvencións públicas. Trátase do único óleo do autor dunha paisaxe urbana: The High Street, Oxford (1810).[30]
En outubro de 2014 comprouse unha obra de John Constable titulada Willy Lott's House from the Stour.[31][32]
En outubro de 2014, os coleccionistas Micheál e Elizabeth Feller entregaron ao museo Ashmolean unha colección de bordados históricos ingleses, composta por 61 pezas que abranguen todo o século XVII.[33]
A finais de 2013, o historiador da arte e coleccionista Michael Sullivan legou a súa colección de máis de 400 obras de arte, entre as que destacan pinturas de mestres chineses. A colección foi considerada unha das maiores de arte chinesa do mundo. O museo ten unha sala dedicada a Sullivan e a súa muller, Khoan.[34]
En 2013 o museo recibiu a escultura Taichi Arch, do artista taiwanés Ju Ming, que se instalou na explanada principal do edificio.[35]
En 2012 o museo asumiu unha colección de 500 obxectos de ouro e prata, entre elas algunhas renacentistas ensambladas polo anticuario Michael Welby.[36][37]
En 2012 adquiriuse o Retrato de Mademoiselle Claus, de Édouard Manet, pintado en 1868, logo dunha campaña pública para recadar 7,83 millóns de libras.[38]
Dado que os ladróns ignoraron outras obras da mesma sala e que o cadro non foi ofrecido á venda, especúlase que foi roubado por encarga dun coleccionista.[44][45]
↑"The Old Ashmolean Museum". En Salter, H. E.; Lobel, M. D. (1954). A History of the County of Oxford: Volume 3, the University of Oxford. Londres. Páxinas 47-49. British History Online
MacGregor, A. (2001). The Ashmolean Museum. A brief history of the museum and its collections. Ashmolean Museum & Jonathan Horne Publications. Londres. ISBN 978-1854441492