Protoporfirina de cinc | |
---|---|
Outros nomes protoporfirina IX de cinc | |
Identificadores | |
Número CAS | 15442-64-5 |
PubChem | 27287 |
KEGG | C03184 |
MeSH | zinc+protoporphyrin |
ChEBI | CHEBI:28783 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C34H32N4O4Zn |
Masa molecular | 626,032 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A protoporfirina de cinc (ZPP)[1] é un composto que se atopa nos eritrocitos do sangue cando a produción de hemo é inhibida por envelenamento por chumbo ou por falta de ferro. [2] Neses casos a protoporfirina IX (precursora do hemo) en vez de incorporar un ión ferroso para formar o hemo, incorpora un ión cinc, formando ZPP. A reacción para inserir o ferro na protoporfirina IX está catalizada polo encima ferroquelatase.
A medición de protoporfirina de cinc nas células vermellas utilizouse como unha proba para a diagnose do envelenamento por chumbo[3][4] e para a deficiencia de ferro.[5] Hai varias situacións clínicas específicas en que esta medición é útil.[2] Os niveis de protoporfirina de cinc poden elevarse como resultado das seguintes condicións:[3]
As propiedades fluorescentes da ZPP en glóbulos vermellos intactos permiten que a proporción molar ZPP/hemo poida medirse rapidamente, a baixo custo e cun pequeno volume de mostra.[7]
Os compostos de protoporfirina que conteñen cinc coñécense desde a década de 1930.[2] O interese por eles creceu co descubrimento en 1974[8] de que a ZPP era a principal porfirina non hémica que se formaba nos eritrocitos como resultado do envelenamento por chumbo ou a deficiencia de ferro.
Nesa época xa se sabía que os niveis de protoporfirina IX non hémica estaban elevados nesas condicións, pero investigacións previas utilizaran métodos de extracción que convertían a ZPP en protoporfirina IX libre.[9]
A literatura inicial é ás veces confusa, e os resultados son difíciles de comparar sen un exame detallado dos métodos de medición e os factores de conversión utilizados para informar dos resultados. Algúns informes, por exemplo, medían a proporción molar ZPP/Hemo (μmol de ZPP por mol de hemo), pero informaban os datos como concentración en peso (μg de eritrocitos por decilitro, ou μg de eritrocitos por g de hemoglobina a un hematocrito asumido de 35). Os informes poden referirse a Protoporfirina Eritrocitaria Libre (FEP) ou Protoporfirina eritrocitaria (EP ou EPP). A ZPP é abreviada tamén como ZP e ZnPP. A práctica actual tenden a medir e informar a proporción molar de ZPP e Hemo (μmol/mol).[2][5]
Tipos de tetrapirrois | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bilanos (Linear) |
| ||||||||||||||||||||
Macrociclo |
|