Ficocianobilina | |
---|---|
Identificadores | |
PubChem | 5288007 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C33H40N4O6 |
Masa molecular | 588,69 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A ficocianobilina é unha ficobilina azul, é dicir, un pigmento tetrapirrólico cromóforo captador de luz, que se encontra en cianobacterias e nos cloroplastos das algas vermellas, glaucófitas, e algunhas criptomónadas. A ficocianobilina está presente só nas ficobiliproteínas aloficocianina e ficocianina, das cales é o aceptor terminal de enerxía. Está unido covalentemente a estas ficobiliproteínas por enlaces tioéter.