Marte Um | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Marte Um |
Director | Gabriel Martins |
Produtor | Gabriel Martins Thiago Macêdo Correia Maurílio Martins André Novais Oliveira |
Guión | Gabriel Martins |
Intérpretes | Cícero Lucas Carlos Francisco Rejane Faria Camilla Damião Russo Apr |
Música | Daniel Simitan |
Fotografía | Leonardo Feliciano |
Montaxe | Gabriel Martins Thiago Ricarte |
Estudio | Filmes de Plástico Canal Brasil |
Distribuidora | Embaúba Filmes (Brasil) Magnolia Pictures (internacional) |
Estrea | Sundance: 20 de xaneiro de 2022 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Brasil |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Marte Um é un filme brasileiro de 2022 escrito e dirixido por Gabriel Martins. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
O filme segue a vida dunha familia de Belo Horizonte. O fillo máis novo, Deivinho, é un adolescente curioso e imaxinativo, que soña con facerse astrofísico e unirse á misión Mars One en 2030 para colonizar o planeta vermello. A súa irmá máis vella Eunice é case adulta. Aínda que cariñosa, enfróntase aos roles da familia tradicional e á idea de permanecer no fogar. Comeza unha relación con outra muller nova e teme dicírllelo aos seus pais, especialmente ao seu anticuado pai, Wellington.