Este usuario retirouse da Wikipedia en galego. |
---|
Esta ligazón corresponde á páxina dun usuario que se retirou de Wikipedia por razóns persoais. |
Benvido(a) á Galipedia, Nemigo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:00, 25 de xuño de 2012 (UTC)
Ola, Nemigo. Estiven botándolles un ollo ás túas edicións e teño a sensación de que poderías contribuir positivamente á Galipedia se te animases a editar ti directamente os artigos, no canto de dar indicacións a outros usuarios de como melloralos. Se precisas axuda estou na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:00, 25 de xuño de 2012 (UTC)
Pois cortando ovos apréndese a capar. Un par de comentarios para que vaias colléndolle o truco á Galipedia: primeiro, se queres comunicarte comigo déixame unha mensaxe na miña páxina de conversa, non na túa, é o modo de que me apareza a min un aviso de que teño mensaxes novas; e segundo, cada usuario non pode ter máis dunha conta aberta e en funcionamento, dígocho porque vexo que empregas indistintamente Nemigo e Nemigo GZ. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:23, 25 de xuño de 2012 (UTC)
Por desgraza, o problema, como ves, non está fóra, está dentro.
Eu non pretendía cambiar a denominación dos artigos e ir en contra das votacións da comunidade da wikipedia española. Eu pretendía comezar a crear criterios para afrontar (eu ou outro e quizais dentro de anos) unha crítica dese tipo. Eu só pretendía que se recoñecese que o goberno español recoñece unicamente a toponimia que coincide coa presente na wikipedia galega ou, o que é o mesmo, a do Nomenclator.
Ese é o primeiro paso. Hai que gañar en moitas páxinas para instaurar iso.
Hoxe creo que perdín nunha páxina: Pensa que dei a ligazón á taberna como elemento de presión e Elvira e Estevoaei montaron unha discusión absurda.
Se algunha vez se che ocorre dicir algo tan simple como eu dixen: o único topónimo válido para o estado español é sanxenxo, sen pretender cambiar o nome da páxina, simplemente pretendendo que se acepte o texto, conta comigo para discutir, pero avísame, dáme un toque.
Hai que empezar con pequenas cousas, pero non hai que renderse: Temos razón e gañaremos antes ou despois. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 00:01, 29 de xuño de 2012 (UTC)
Seguimos o tema na conversa do artigo. Paréceche? --Toliño Fala aquí comigo 16:46, 4 de xullo de 2012 (UTC)
Ola, Nemigo. Revertín a túa edición no artigo da Coruña[1]. Ten en conta que cómpre achegar datos concretos, relevantes e referenciados, e que en todo momento debe existir unha neutralidade no ton. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:06, 5 de xullo de 2012 (UTC)
Boas Nemigo: Antes que nada benvido á Galipedia, espero que a túa presenza sexa proveitosa para o proxecto. Sobre o comentario que deixaches na miña conversa, agradézoche o dato, mais Estevo estaba a preguntar pola Ponte do Porco que, por certo, non está moi lonxe da do Pedrido. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 21:52, 7 de xullo de 2012 (UTC)
Boa tarde, Nemigo. Dúas cousiñas quería comentarche: 1) insistir en que debes de devolver as mensaxes na páxina de conversa do usuario ao que te queiras dirixir, porque outramente non chega o aviso de nova mensaxe e hai o risco de que non lean/leamos o que escribes. Por exemplo, eu non lin até este momento o que me respondera hai uns días, porque o meteches na páxina de conversa de teu e non na de meu. 2) Reparei en que tes algúns erros de lingua moi localizados (nada importante) que son facilmente solucionables, e pasa por habilitar o corrector ortográfico que os máis de nós xa temos por defecto nas nosas contas. Mira, vai arriba, á esquina dereita, e verás que tes unha ligazón que pon As miñas preferencias; preme nela e unha vez aí escolle a lapela Trebellos. Cando entres, non tes máis que marcar a opción de habilitar o corrector e a partir dese momento cando vexas un artigo, se hai algunha palabra mal escrita, verás que aparece sinalada cunha cor de fondo e que pasando o rato por riba propón cal sería a correcta. Este trebello témolo dende hai uns poucos meses, e por suposto é mellorable, pero xa che digo eu que axuda moito a ver cando un teclea mal ou cando un ignora un determinado termo. Espero que che sexa de axuda. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:35, 9 de xullo de 2012 (UTC)
Nemigo, parabéns polo artigo do MUNCYT. Tema novidoso e de moito interés.
Por outra banda. Fáltache meter os datos nunha foto que cargaches: Ficheiro:Televes Oroso centro loxístico.jpeg. Podes completalos? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 13:23, 11 de xullo de 2012 (UTC)
Boas, nemigo! Contéstoche na túa páxina de conversa para non estender excesivamente o debate na "Taberna". Creo que ou me expliquei mal ou non entendiches ao que me refería nas miñas intervencións. En ningún momento nego que o uso de Sangenjo, Panjón, Arteijo, etc. estean politizados. É obvio que foron impostos durante moitos anos e é obvio que se deturpou a nosa toponimia. O que eu pretendía dicir é que, se pedimos que a nós nos traten dunha forma en na Wikipedia española, deberíamos de dar exemplo. Non podemos pedir a outros o que nós nin sequera facemos.
Explícome. A min paréceme unha barbaridade que se poña como opción preferente na Wikipedia española Arteijo cando todos sabemos que a única forma oficial é Arteixo. Pois ben, a única forma oficial de Jaén é Jaén e, aínda así, nós aquí empregamos Xaén como forma preferente. O mesmo acontece con Girona, que é a forma oficial, e aquí empregamos Xirona. Non che parece igual de inxusto? Hai que recoñecer que aquí polo menos poñemos as dúas formas no título (na Wiki española nin sequera iso), pero a forma que sempre se emprega fóra do título non é a oficial, senón a galeguizada.
Por iso eu dicía que son partidario de empregar as formas oficiais de cada lugar (Arteixo, Jaén, Girona, etc.). Penso que sería bo facelo para demostrar que os nosos argumentos en favor do uso da toponimia galega na Wikipedia española son consistentes. Se non, se nós seguimos a escribir Xaén sen ser forma oficial, con que cara lle imos pedir aos da Wiki castelá que escriban Arteixo porque é "a única forma oficial"? Ata que nós cundamos co exemplo, non podemos pedirlles a outros que o fagan. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 21:44, 11 de xullo de 2012 (UTC)
Nemigo, en Concentración parcelaria empregas as dúas formas. As dúas son admitidas na Galipedia, o que non se pode é mesturalas nun artigo. Tes que escoller, ou unha ou a outra.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22:24, 12 de xullo de 2012 (UTC)
Vexo que inclúes en reiteradas ocasións o código <br />
para facer o salto de liña nos artigos. Non se fai así. Para creares un novo parágrafo basta con darlle dúas veces á tecla Intro. O código sería este:
Parágrafo 1. Parágrafo 2.
Ademais, nas conversas tampouco é necesario xa que ao inicio das liñas se fai uso dos dous puntos (:
) para darlle o nivel axeitado de sangría á resposta. Tampouco nas votacións, que van co cancelo (#
), nin nas listas, que levan asterisco (*
).
E para as ligazóns internas é innecesario o uso das barras baixas e tampouco é necesario deixar os espazos antes e despois da barra vertical (|
). Por exemplo, da [[A_Coruña | Coruña]]
mellor é da [[A Coruña|Coruña]]
.
Tes máis información sobre todo isto na guía de edición. Espero que estes consellos sirvan para aprender. Agora, a traballar nos artigos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:06, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Pois entón cómpre atribuír a ela esas verbas, senón parece que a redacción é inexacta. --Toliño Fala aquí comigo 21:04, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Ola Nemigo.
Prégoche non empregues a túa páxina de usuario para facer reivindicacións. Menos relativas a outros proxectos. E menos en un ton que alguén poida considerar ofensivo.
Tes máis información de que é e como facer un uso axeitado da páxina de usuario en Wikipedia:Páxina de usuario. Recoméndoche encarecidamente que o leas.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 14:50, 18 de xullo de 2012 (UTC)
Ola, Nemigo. Utilicei este post como referencia no artigo de Aguas de Cabreiroá para informar de que parte do material usado no balneario fora incautado a Carlos Reino. Esa información é dada de forma diáfana, sen presuncións de ningún tipo, e considero que é oportuna porque forma parte da historia do balneario, e por tanto da historia da empresa Aguas de Cabreiroá.
Dúas cousas:
Un saúdo, e a seguir. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:28, 22 de xullo de 2012 (UTC)
Nemigo, risquei votos teus por non cumprires a antigüidade mínima para poder facelo.
Tes máis información en WP:VO. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 23:31, 22 de xullo de 2012 (UTC)
La Coruña é empregado como topónimo por RAE, Wikipedia en castelán e Carlos Negreira (actual alcalde do PP) que solicita a cooficialidade de La Coruña. --Nemigo 12:53, 26 de xullo de 2012 (UTC)
Precisamente porque moitas veces recorren a min para aquelar as táboas fixen esa modificación. Non entendo o problema que me comentas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:23, 26 de xullo de 2012 (UTC)
{|
e mais |}
. E os números xustifícanse á esquerda, o único que vai centrado é o título da táboa e mais o da columna. Agora si son dúas táboas. Está ben así? --Toliño Fala aquí comigo 12:25, 27 de xullo de 2012 (UTC)Ola, Nemigo. Levo un pedazo revisando as edicións dos últimos días e chamoume moito a atención o ton hostil co que te dirixes a algúns usuarios. Prégoche que o modifiques, porque non lle fai ningún ben a ninguen. Refírome, por exemplo, a algunhas saídas de ton que leo na túa páxina de conversa con HombreDHojalata e tamén cos usuarios Toliño[2] e Estevoaei[3]. É fundamental que leas a guía de edición e que prestes atención ao que a Wikipedia non é. Nin os artigos -nin as súas páxinas de conversa- debn ser usados como foros, de modo que por favor non teimes en explicar que fan ou deixan de facer en es.wiki coa toponimia oficial de Galicia. En fin, sei que corro o risco de que esta mensaxe che pareza mal, pero véxoa necesaria en tanto que es un bo editor e cunha miga máis de moderación podes devir un editor clave. Se tes calquera dúbida ou comentario, aquí estamos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:45, 26 de xullo de 2012 (UTC)
Ola, Nemigo. Na imaxe Tipos de carteis TECOR Galiza corrixe o dato de "Pazos de Borden", que debe de ser Pazos de Borbén. E por favor, cando cargues imaxes categorízaas (segundo o concello e parroquia a que pertenzan, segundo o que apareza na imaxe...), e procura respectar a ortografía ao escribir a información (uso de maiúsculas...). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:59, 9 de agosto de 2012 (UTC)
Revertín a túa edición na toponimia de Santa María de Lurdes, Curtis. A referencia é o Nomenclátor oficial. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:33, 19 de novembro de 2012 (UTC)
Boas, puxen unha ligazón na páxina da proposta de participación activa a unha presentación de introdución á Galipedia, a ver se che é útil. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2012 ás 11:57 (UTC)
Pode que estea trabucado pero no artigo francobordo di : O francobordo defínese como unha reserva de flotabilidade. O CALADO DO BUQUE MÁIS O FRANCOBORDO É O PUNTAL. Este valor de puntal é inamovible independentemente da carga que leve o buque. A máis calado, menos francobordo e viceversa. Se podes aclararme o termo agradeceríacho. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 11:30 (UTC)
Boas Nemigo, xa vira na páxina das actividades do 10 aniversario que temos un local en Narón. Eu non teño inconveniente en ir alí, o que pasa é que tiña pensado facer o das charlas máis adiante, en febreiro e marzo. De feito aínda non preparei o obradoiro. Tiña in mente facer un en Ferrol (dixéronme que un local axeitado é o do Colexio de arquitectos na rúa Real) e outro en Pontedeume (na biblioteca municipal); amais de facer algo no meu instituto cos alumnos (quizais unha charla vaia mellor co obradoiro, non o sei). Desde logo apúntome tamén a ir a Narón pero xa che digo, para o mes que ven. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de xaneiro de 2013 ás 17:11 (UTC)
Tes unha resposta aquí. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 23 de xaneiro de 2013 ás 11:22 (UTC)
Xa lle pedín a Usuario:Toliño que o modifique. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 30 de xaneiro de 2013 ás 08:07 (UTC)
Enviáchesme ti o correo electrónico sobre Cangas? E non entendo a que te refires. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 9 de febreiro de 2013 ás 21:09 (UTC)
Ola, Nemigo. Un par de cousa: ten en conta que ao cargares imaxes en Commons é bo que procures categorizalas e incluír as coordenadas. Ademais, é importante que respectes a ortografía, usando maiúsculas cando é necesario. Polo demais, aproveito para comentarche que a palabra "hacia" non existe en galego. Na nosa lingua dise cara a. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 25 de febreiro de 2013 ás 18:57 (UTC)
¡¡ A V I S O !! |
NON SE REPONDERÁ NINGÚN ESCRITO POSTEADO AQUÍ! |
Ante a insistencia en postear opinións non pedidas e valoracións sen referenciar: se queres poñerte en contacto comigo e ter resposta concreta envía unha mensaxe de correo eléctrónico (á esquerda, onde pon caixa de ferramentas) Deste xeito tamén evitaranse discusións sen senso e presuntas "argumentacións" tipo wiki ES (toponímicas). Está demostrado que o persoal é máis receptivo en conversas en privado que en poleiros onde facer o galo e colgar medallas. |
--Nemigo 27 de febreiro de 2013 ás 11:31 (UTC) |
Ola, Nemigo. As normas son iguais para todos, e os usuarios debemos atender o que se nos di na nosa páxina de conversa. Ignoralo á mantenta é perxudicial e contradí as normas. Leas e veralo. Así que este aviso sobra. Retírao, por favor. Aproveito tamén para che recriminar o teu comportamento sarcástico, por exemplo no uso que fas do cadros no resumo de edición, e na falta de tacto que mostras con demasiada frecuencia en non poucos fíos abertos na taberna. Así mesmo, non acabo de comprender porque editas como IP pero comentas como usuario rexistrado. Medita se non che convén cambiar de proceder. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2013 ás 13:13 (UTC)
Ola, Nemigo. O aviso que tes nesta páxina de conversa non semella moi compatíbel coas normas da Galipedia. Debes retiralo. Ao respecto disto e das túas actuacións rógoche por favor que botes un ollo a Wikipedia:Normas de conduta. Saúdos. --Xas (conversa) 9 de marzo de 2013 ás 22:55 (UTC)
Non entendo por qué perdiches o traballo de 3 días en Philips, simplemente corrixín dous tiles. E si que creo que prohibes que a xente publique na túa páxina de conversa, porque indicando que non responderás a nada publicado aquí, estás obrigando a que che enviemos un correo electrónico. E si que ten sentido que diga que prohibiches usar esta páxina, porque ti prohibíchelo, pero eu fixen caso omiso. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19 de marzo de 2013 ás 21:03 (UTC)
Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:10 (UTC)
¿Por que marcaches para borrar o artigo Pedagoxía Waldorf? Axudaría a tomar unha decisión que o razonases. Pedro --Lameiro (conversa) 18 de maio de 2013 ás 20:42 (UTC)
Latest tech news from the Wikimedia technical community. Please inform other users about these changes.
Tech news prepared by tech ambassadors and posted by Global message delivery • Contribute • Translate • Get help • Give feedback • Unsubscribe.
Latest tech news from the Wikimedia technical community. Please inform other users about these changes.
Tech news prepared by tech ambassadors and posted by Global message delivery • Contribute • Translate • Get help • Give feedback • Subscribe or unsubscribe.
Boas Nemigo!! Vin o teu comentario na votación do Prestige e agradézoche as achegas para que o artigo mellore (tanto as relacionadas coa terminoloxía naval como calquera outra que podas atopar e que mellore se cadra aínda máis o artigo). Pediríache por favor que corrixiras os erros que atoparas de terminoloxía naval, xa que eu non teño nin a máis remota idea do tema e non quero arriscarme a deixalo peor do que está. Grazas outra vez polo interese na mellora do artigo, un saúdo!!! Piquito (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 17:06 (UTC)
Na parte esquerda da foto hai unha franxa branca. A ver se podes subir unha nova versión recortada sen ela. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 27 de xullo de 2013 ás 11:53 (UTC)
Ola usuario Nemigo.
Quedas apercibido de bloqueo por entrar en guerra de edicións, cousa non permitida polas políticas aprobadas por esta comunidade, no artigo Che Guevara.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 24 de agosto de 2013 ás 19:23 (UTC)
Boas Nemigo, sobre os correos que me mandaches:
Sobre o nome do concello... O nome, non ven dado pola localidade do mesmo, senon que pola histórica parroquia de Santa Eulalia de Curtis, da cal é capital a entidade poboacional, Santaia. Dita parroquia foi unha mesma entidade parroquial, coa parroquia do concello de Vilasantar, San Vicenzo de Curtis, a cal ainda ten no seu nome referencia do mesmo. Despois sobre a posible orixe do nome de Curtis, hai duas teorías bastante extendidas, unha é a de que o oficio de curtidor foi moi popular na idade media en dita parroquia, pola gran existencia de pozos interiores en casas das parroquias e a máis creible, di que o campamento militar da aldea da "Ciadella" (Cohors I Celtiberorum), ou como queren facerlle chamar agora Ciudadela, no concello de Sobrado dos Monxes, foi a orixe de dito nome. Dita aldea queda da aldea de Santaia a escasos 2 kilometros. O nome de Curtis, pobo, ven dado a que o mesmo se lle comezou a chamar A Estación de Curtis, por ser a maior de dito concello. Co paso do tempo a aldea de Budeos, núcleo orixinal do pobo de Curtis, adquiriu por uso popular o nome de Curtis-Estación, ata que co paso do tempo o longo do século XX, se lle acabou chamando simplemente como é coñecido na actualidade, CURTIS. Ditas informacións están contrastadas na historia do concello de Curtis, editado polo mesmo concello e por parrocos que pasaron pola parroquia de Santa Eulalia de Curtis, como foi Don Sergio Vázquez Rouco. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/12/23/2275621.shtml --Ceivar (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 19:26 (UTC)
Boas, por fin puiden responder ó teu comentario sobre o tema dos logos na taberna. Se hai algún detalle que queiras comentar podemos seguir alí a conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2013 ás 14:54 (UTC)
Boas Nemigo! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:01 (UTC)
Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)
Bo día; borrei UUsuario Discusión:Jcfidy porque o lugar correcto para deixar mensaxes é Conversa usuario:Jcfidy. Non sei quen é Jcfidy nin sei quen é GolDOkiro nin teño tempo para discusións inútiles en páxinas de conversa da wikipedia en lingua castelá. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xullo de 2015 ás 08:51 (UTC)
Desfíxen as edicións da IP 203.162.69.22 nese artigo por tres veces, polo que se aplicou un bloqueo temporal ao artigo seguindo o indicado en WP:R3R. A imaxe retirouse esas tres veces por:
Descoñezo a situación actual de tódolos artigos dos concellos galegos, se posúen o mesmo tipo de mapas e en que condicións están engadidos. Se queres unha resposta concreta sobre algún deles podes indicarme os títulos e poderei dar unha opinión sobre eles. ☣Banjo tell me 29 de outubro de 2015 ás 10:49 (UTC)
☣Banjo tell me 29 de outubro de 2015 ás 14:14 (UTC)
En protesta pola retirada do mapa sobre lugo e os seus barrios-parroquias sen máis explicación que mandar a un á zona de probas (sic) e pechar a edición da páxina dase por rematada calquera colaboración con galipedia. Non se volverá editar nada (xa non se facía con este nick), non se volverán crear contidos gráficos nin de ningún tipo. Estos admin que se adican a quitar os contidos sen amosar o máis mínimo respeto polas achegas dos demáis parecen estar máis que cualificados para levar galipedia. Se son eles quen decide o que se pon ou non se porá mellor que o fagan eles todo. Non pensará ninguén que imos estar horas xuntando información para ter como resposta o borrado da mesma e unhas "explicacións" de patio de colexio?
Éche tan complicado poñer m² en vez de m2? Éche tan complicado aprender que na escrita a contracción de con + a = coa? --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xaneiro de 2018 ás 22:50 (UTC)
Ola; igual che apetece crear o artigo do parque empresarial de Santa Marta, en Vilar de Santos. Hai información aquí. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de marzo de 2018 ás 15:42 (UTC)