Ardem Patapoutian | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 2 de outubro de 1967 |
Lugar | Beirut |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Líbano |
Actividade | |
Campo | biólogo molecular e neurocientífico |
Alma máter | Universidade Americana de Beirute, Universidade de California, Os Ánxeles, Instituto Tecnolóxico de California e sen etiquetar |
Premios | Prêmio Rosenstiel, Prêmio W. Alden Spencer, Kavli Prize in Neuroscience, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina e Fellow of the AAAS |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arden Patapoutian, en armenio: Արտեմ Փաթափութեան, nado en 1967 é un biólogo molecular e neurocientífico libanés - estadounidense de orixe armenia.
Estudou Química na Universidade Americana de Beirut cunha bolsa da Fundación Calouste Gulbenkian.[1]
Patapoutian investiga a transdución de sinais a partir de sensores. Fixo contribucións significativas á identificación de novas canles iónicas e receptores que se activan pola temperatura, as forzas mecánicas ou o aumento do volume celular. Patapoutian e os seus colaboradores puideron demostrar que estas canles iónicas xogan un papel importante na sensación de temperatura, na sensación de tacto, na propiocepción, na sensación de dor e na regulación do ton vascular. Traballos máis recentes utilizan técnicas de xenómica funcional para identificar e caracterizar canles iónicos mecanosensíbeis (mecanotransdución).
Recibiu o premio W. Alden Spencer 2017 e o premio Rosenstiel 2019. En 2020 foi galardoado, xunto con David Julius, co Premio Kavli[2] e os Premios da Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento.[3]
En 2021 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto con David Julius[4] polas súas investigacións sobre o sistema somatosensorial, a saber, os receptores da temperatura e do tacto.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ardem Patapoutian ![]() |
----
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |