Martin John Evans
Datos persoais
Nome completoMartin John Evans
Nacemento1 de xaneiro de 1941
LugarStroud, Gloucestershire, Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
Actividade
Campo
  • bioquímica
  • Alma máterChrist’s College, University College de Londres e St Dunstan's College
    Director de teseJacques Monod
    Contribucións e premios
    PremiosPremio Nobel de Medicina o 2007
    editar datos en Wikidata ]

    Sir[1] Martin John Evans, nado en Stroud, Inglaterra, o 1 de xaneiro de 1941[2], é un xenetista e bioquímico británico, galardoado co Premio Nobel de Medicina o 2007.

    Biografía

    Naceu o 1 de xaneiro de 1941 na localidade de Stroud, poboación situada no condado de Gloucestershire. Estudou Bioquímica na Universidade de Cambridge na que se licenciou en 1963, e en 1969 obtivo o doutoramento na Universidade de Londres. Interesado na docencia, foi profesor de anatomía e embrioloxía na Universidade de Londres entre 1978 e 1980, de xenética na de Cambridge até 1999, e desde entón na Universidade de Cardiff.

    Membro da Royal Society de Londres desde o 11 de marzo de 1993, en 2004 foi nomeado Caballeiro da Orde do Imperio Británico co título de Sir.

    Carreira científica

    Especializado en xenética, en 1981 descubriu o estado embrionario das células nai, e igualmente realizou diversas técnicas de modificación xenética en animais, especialmente en ratos.

    En 2007 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, xunto con Mario Capecchi e Oliver Smithies, «polos seus traballos sobre células nai e manipulación xenética en modelos animais»[3].

    Notas

    1. "London Gazette". 31 de decembro de 2003. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
    2. Sir Martin J. Evans Arquivado 18 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Nobelprize.org
    3. The Award Arquivado 18 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Nobel Prize for Medicine 2007

    Véxase tamén

    Outros artigos