Pobo armenio | |
---|---|
![]() Armenios | |
Poboación | |
Poboación total: c 6[1] - 8 millóns[2] | |
Rexións principais: | |
![]() | 3 018 854[3] |
![]() | 1 182 388[4]–2 900 000[5] |
![]() | 1 000 366[6]–1 500 000[7] |
![]() | 250 000[8]–750 000[9] |
![]() * ![]() | 168 191[10] 41 864[11] |
![]() | 146 573[12] |
![]() | 150 000[13] |
![]() | 120 000[14] |
![]() | 90 000–110 000[15] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Armenio |
Relixión | Cristianismo Igrexa apostólica armenia · Igrexa católica armenia · Igrexa evanxélica armenia |
Grupos relacionados | Hemshin, cherkesogai, |
Os armenios (en armenio: Հայեր; hayer) son un grupo étnico que habita no Planalto Armenio. Os armenios constitúen a principal poboación de Armenia e da república independente de facto de Artsakh. Existe unha diáspora de arredor de 5 millóns de persoas con devanceiros armenios vivindo fóra da moderna Armenia. As principais poboacións da diáspora viven en Rusia, os Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Irán, Alemaña, Ucraína, o Líbano, o Brasil e Siria. Agás as poboacións de Irán e dos antigos estados soviéticos, a diáspora armenia actual produciuse como resultado do xenocidio armenio.[16]
A maioría dos armenios pertence á Igrexa apostólica armenia, que é tamén a máis antiga igrexa nacional do mundo. O cristianismo comezou a espallarse en Armenia pouco despois da morte de Xesús, grazas ós esforzos de dous dos seus apóstolos, Xudas Tadeo e Bertomeu.[17] A comezos do século IV, o Reino de Armenia converteuse no primeiro estado en adoptar o cristianismo como relixión de estado.[18]
A lingua armenia é unha lingua indoeuropea. Ten dúas formas escritas mutuamente intelixibles: a oriental, falada en Armenia, Nagorno-Karabakh e Irán, e o occidental falado na histórica Armenia Occidental e, despois do xenocidio armenio, nas principais comunidades da diáspora. O alfabeto armenio foi inventado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
Historicamente, o nome armenio chegou a designar internacionalmente ó pobo. Foi empregado primeiro polos países veciños da antiga Armenia. As fontes máis antigas do exónimo Armenia datan do século -VI. Na Inscrición de Behistún trilingüe do ano -517, Darío I o Grande de Persia refírese a Urashtu (en babilonio) como Armina (en persa antigo; Armina (
) e Harminuya (en elamita).
En grego, Αρμένιοι ("armenios") tamén aparece durante o mesmo período, sendo quizais a fonte máis antiga un fragmento atribuído a Hecateo de Mileto (-476).[19] Xenofonte, un xeneral grego que serviu nalgunhas expedicións persas, describe moitos aspectos da vida e a hospitalidade dunha vila armenia arredor do ano -401. Relata que ese pobo falaba unha lingua que ó seu oído sonaba como a lingua dos persas.[20]
Os armenios chámanse a si mesmos hay (Հայ, pronunciado [ˈhaj]; plural: Հայեր, [haˈjɛɾ]). O nome deriva tradicionalmente de Hayk (en armenio: Հայկ), o lendario patriarca dos armenios e tatara-tataraneto de Noé, quen, segundo Moisés de Corene, derrotou ó rei babilonio Bel en -2492 e estabeleceu a súa nación na rexión de Ararat.[21] Tamén se ten proposto[22][23] que o nome hay provén dun dos dous estados vasalos hititas, os Ḫayaša-Azzi (1600–1200 a.C.).
Moisés de Corene, un importante historiador armenio medieval, escribiu que a verba armenio provén do nome propio Armenak ou Aram (o descendente de Hayk).
Os armenios tiveron presenza no altiplano armenio por máis de 4 000 anos, dende os tempos nos que Hayk, o lendario patriarca e fundador da primeira nación armenia, liderou ó seu pobo á vitoria fronte a Bel de Babilonia.[24] No presente, cunha poboación de 3,5 millóns, non só representan a maioría da poboación en Armenia, senón tamén na rexión en disputa de Artsakh. Os armenios na diáspora refírense a si mesmos informalmente como hayastantsi (Հայաստանցի), que quere dicir aqueles que proveñen de Armenia. Eles, ó igual que os armenios de Irán e Rusia, falan o dialecto oriental da lingua armenia. O propio país é secular como consecuencia da dominación soviética, pero a maioría dos seus cidadáns identifícanse como cristiáns armenios apostólicos.
Durante séculos, existiron pequenas comunidades relixiosas e comerciais armenias fóra de Armenia. Por exemplo, unha comunidade sobreviviu durante máis dun milenio na Terra Santa, e un dos catro barrios dentro da muralla da cidade vella de Xerusalén ten por nome o barrio armenio.[25] Unha comunidade monástica católica e armenia fundada en 1717 existe nunha illa preto de Venecia. Tamén existen restos de outrora importantes comunidades armenias na India, Myanmar, Tailandia, Bélxica, Portugal, Italia, Israel, Polonia, Austria, Hungría, Bulgaria, Romanía, Serbia, Etiopía, Sudán e Exipto.
Porén, a maioría da diáspora actual está formada por armenios espallados por todo o mundo como consecuencia directa do xenocidio de 1915, constituíndo a parte principal da diáspora armenia. Porén, as comunidades armenios na capital de Xeorxia, Tbilisi, en Siria e en Irán existen dende a antigüidade.
Dentro da comunidade armenia na diáspora, existe unha clasificación non oficial de diferentes clases de armenios. Por examplo, os armenios orixinarios de Irán son coñecidos como Parskahay (Պարսկահայ), mentres que os armenios do Líbano son polo xeral coñecidos como Lipananahay (Լիբանանահայ). Os armenios da diáspora son os falantes maioritarios do dialecto occidental da lingua armenia. Este dialecto ten diferenzas considerables co armenio oriental, mais os falantes das dúas variedades poden entenderse sen dificultades. O armenio oriental na diáspora é falado en Irán e en países europeos como Ucraína, Rusia e Xeorxia (onde constitúen a maioría da provincia de Samtskhe-Javakheti). En diversas comunidades (como no Canadá e nos Estados Unidos) onde viven moitos tipos diferentes de armenios, hai unha tendencia para que os diferentes grupos se xunten.
The nearly 3 million Armenians in Armenia (and 3–4 million in the Armenian Diaspora worldwide) "perceive" the nearly 8 million Azerbaijanis in Azerbaijan as "Turks."
The impact of such a horror on a group who presently number approximately 6 million, worldwide, is incalculable.
The country's estimated 3–6 million Diaspora represent a major source of foreign direct investment in the country.
Since the newly independent Republic of Armenia was declared in 1991, nearly 4 million of the world's 6 million Armenians have been living on the eastern edge of their Middle Eastern homeland.
...there are some 8 million Armenians in the world...
In contrast to its population of 3.2 million, approximately 8 million Armenians live in other countries of the world, including large communities in the America and Russia.
A nation of some 8 million people, about 3 million of whom live in the newly independent post-Soviet state, Armenians are constantly battling not to lose their distinct culture, identity and the newly established statehood.
An estimated 60 percent of the total 8 million Armenians worldwide live outside the country...
Worldwide, there are more than 8 million Armenians; 3.2 million reside in the Republic of Armenia.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo armenio ![]() |
Linguas indoeuropeas | |
---|---|
Pobos indoeuropeos | |
Protoindoeuropeos |
|
Hipóteses Urheimat |
|