Joseph Edward Murray ![]() | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de abril de 1919 |
Lugar | Milford, Massachusetts, ![]() |
Falecemento | 26 de novembro de 2012 (93 anos) |
Lugar | Boston, Massachusetts, ![]() |
Residencia | Wellesley, Massachusetts |
Nacionalidade | Estadounidense |
Fillos | Richard W. Murray |
Actividade | |
Campo | Cirurxía plástica, cirurxía reconstrutiva e transplante de órganos |
Alma máter | Universidade Harvard |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Primeiro transplante de ril con éxito |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joseph Edward Murray, nado o 1 de abril de 1919 en Milford (Massachusetts) e finado o 26 de novembro de 2012 en Boston, (Massachusetts), foi un cirurxián e profesor estadounidense galardoado co Premio Nobel de Medicina no ano 1990.
Realizou o primeiro transplante de órganos en humanos no ano 1954 en Boston, ó implantar un ril dun irmán xemelgo noutro, mais o paciente morreu once días despois porque o seu corpo rexeitou o órgano.
Tamén foi membro da Academia Pontificia das Ciencias dende o 30 de maio de 1996. Joseph faleceu o 26 de novembro de 2012 por mor dun fallo vascular cerebral.
![]() |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |