Coordenadas: 42°52′33″N 6°57′57″O / 42.8758, -6.9657
Ancares-Courel | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC, ZEPA, con LIX e parte é Reserva da Biosfera | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 102.634,51 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004 e 21 de setembro de 2006, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Provincia de Lugo | ||
Concellos: | Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas de Sil | ||
Ríos: | Río Navia, Río Sil | ||
Picos | Pico de Surcio (1456 m), O Mostallar (1935 m), Corno Maldito (1849 m), Penarrubia (1822 m), Oribio (1447 m), Faro (1615 m), Legua (1307 m) Formigueiros (1639 m), Pico da Cova da Vella (1300 m), Pía Paxaro (1616 m), A Lagoa (1297 m), Os Conventos (1136 m), Montouto (1541) | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O espazo natural dos Ancares-Courel é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que protexe a maior reserva forestal de Galicia, de árbores como carballos ou bidueiros, e que a ten unha ampla variedade de hábitats. Atópase na serra máis oriental galega, de altitudes medias e altas, e que ten un alto valor xeolóxico por afloramentos calcarios. Os Ancares-Courel teñen unha zona de protección do oso pardo, son unha zona de protección de aves e para a conservación de varias especies de mamíferos. Conta con varias áreas declaradas de interese cultural e etnográfico.[1][2][3][4][5][6]
Os Ancares lucenses están dentro dunha Reserva da Biosfera, máis ampla e que inclúe outros espazos naturais limítrofes mais non o Courel.[4][7][8]
Os Ancares-Courel están nun clima atlántico case na súa totalidade, agás un 8% de superficie que mostra un clima mediterráneo. A rexión da serra dos Ancares ten o patrón característico de áreas de montaña atlánticas, de media a atlas elevacións. A serra do Courel, pola contra, é máis meridional co que mostra un hábitats máis variados.[6]
As augas deste espazo son fluviais, como as do río Navia ou río Sil e outros afluentes menores, ou estancadas e con moita achega orgánica, como é o caso do Pozo do Lago Maior, que é un lago glacial de entre 100 e 25 m de longo. As biocenoses de vexetación destas augas son Littorelletea uniflorae e Isoeto-Nanojuncetea. Os ríos nas súas área basal poden ter vexetacións Chenopodion rubri p.p. e Bidention p.p. e na súa parte de montaña biocenoses de Ranunculion fluitantis ou Callitricho-Batrachion.[6]
As encostas das montañas son de bases calcícolas e silíceas. Estas últimas teñen vexetación pioneira dos tipos Sedo-Scleranthion e Sedo albi-Veronicion dillenii. Adoita haber pavimentos de base calcárea. Nestes espazos da montaña hai fontes e mananciais, ricos en musgos e hepáticas, que teñen augas ricas en carbonatos e onde precipitacións calcáreas. As covas sen explotar son habituais.[6]
En zonas altas de montaña existen turbeiras activas ou xa boscosas, e mires de transición. Un caso son as existentes entre a serra das Maseiras e o monte de Camporredondo ou na serra de Villous. Outro elemento característico son as depresións do terreo entre solos de substratos de turbeira.[6]
A variedade de prados deste espazo é ampla. Hai prados en substratos silíceos, en solos calcáreos alpinos e subalpinos, case secos e onde aparecen tamén as matogueiras, e solos de turbeira ou ricos en arxila e limo, prados de sega ou sega de montaña. Hai estepas de gramíneas e prados de Nardus en zonas de solos silíceos.[6]
As matogueiras de Laurus nobilis e queirogais en solos húmidos de Erica ciliaris e Erica tetralix, en solos secos ou de montaña.[6]
Os bosques do espazo natural son fundamentalmente de carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Nas zonas de ribeira abundan os amieiros, Alnus glutinosa, e os freixos, Fraxinus excelsior. Outros bosques son de faiais e neles aparecen acivros, Ilex, e algunha vez teixos, como Taxus baccata. Os soutos de castaño, os bidueiros, as abeleiras, os teixos e sorbeiras.[6]
O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un proceso xeolóxico catalogado como monumento natural que está entre os lugares de Campodola (O Hospital) e Leixazós (Leixazós) en Quiroga de 90 hectáreas. Consiste nunha gran dobramento sinclinal que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitada, é un pregamento tombado, que se orienta cara ao norte e que ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo.[9][10] O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.[11]
As importantes masas de carballeiras dos Ancares e do Courel fórmanas Quercus robur e Quercus pyrenaica. Outras especies que abundan nestes bosques son os bidueiros, as abeleiras, os castaños, os teixos e sorbeiras. No espazo tamén hai queirogais de áreas húmidas no sur do espazo, de Erica ciliaris e Erica tetralix, e en zonas máis secas. Namentres nos Ancares dominan as carballeiras coas queiroas, no Courel hai bosques máis mixtos. Alí a canda os carballos atópanse faias, abeleiras, teixos con gamallas (o sotobosque) de queiroas, con Cistus e arandeiras.[5][6]
As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Arabis juressi |
Campanula adsurgens |
Cardamine raphanifolia subsp. gallaecica |
Carex hostiana |
Cephalozia connivens |
Iris boissieri |
Leontodon farinosus |
Lycopodiella inundata |
Narcissus asturiensis |
Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis |
Ranunculus serpens |
Rhamnus pumila subsp. legionensis |
Santolina semidentata |
Ulota coarctata |
Zygodon conoideus |
A variedade de bosques destes espazo natural ofrécelle diferentes hábitats aos vertebrados, converténdose nun refuxio de fauna. Destaca a presenza de lobos, londras, pitas do monte, cóbregas europeas e de osos. Os Ancares son unha zona que adoita ocupar por tempadas o oso. A presenza do oso fixo que se incluísen os Ancares como lugar dentro do plan de recuperación desta especie, e que se estea a valorar a posibilidade de incluír tamén o Courel.[5][6]
As especies de aves e mamíferos que hai no espazo natural fan que teñan un interese para a caza.[5][6]
As especies da invertebrados que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Aricia morronensis |
Austropotamobius pallipes |
Cerambyx cerdo |
Elona quimperiana |
Geomalacus maculosus |
Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) |
Bolboreta arlequín (Zerynthia rumina) |
As especies de anfibios que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Chioglossa lusitanica |
Hyla arborea |
Rana iberica |
Rana temporaria subsp. parvipalmata |
As especies de réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Lacerta vivipara |
A Serra dos Ancares unha área de especial interese de conservación para aves, e está catalogada por SEO/BirdLife.[12]
Malia a ser escasas, os Ancares son o límite máis meridional de cría e residencia dalgunhas aves eurosiberianas propias de montaña. É o caso da pita de monte, o peto mediano ou o ferreiriño palustre. Ademais hai un número de aves rapaces e que aniñan: o miñato abelleiro, a aguia albela, gatafornela, a tartaraña cincenta, a aguia calzada, o falcón peregrino e o bufo real. Outra ave rapaz presente no espazo é a aguia real, mais non aniña alí. Outras aves propias de pastos, rochas ou matogueiras de interese que hai no espazo natural son a charrela ou o merlo rubio.[12][13]
As especies de aves que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Aquila chrysaetos |
Bubo bubo |
Circus cyaneus |
Circus pygargus |
Perdix perdix subsp. hispaniensis |
Scolopax rusticola |
Tetrao urogallus |
As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Galemys pyrenaicus |
Miniopterus schreibersii |
Myotis emarginata |
Myotis myotis |
Myotis mystacina |
Rhinolophus euryale |
Rhinolophus ferrumequinum |
Rhinolophus hipposideros |
Ursus arctos |
A serra dos Ancares e o Courel están amparados por diferentes leis, como son as de aplicación para os LIC e ZEP, que amparan e protexen diferentes áreas. A reserva de Ancares-Courel:
Espazos protexidos de Galicia | |
---|---|
Parque nacional: | |
Parque natural: | Monte Aloia (1978) - Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (1992) - Baixa Limia - Serra do Xurés (1993) - Montes do Invernadeiro (1997) - Fragas do Eume (1997) - Serra da Enciña da Lastra (2002) |
Monumento natural: | |
Rede Natura 2000: | Zona especial de conservación (ZEC) (en Galicia) - Lugar de importancia comunitaria (LIC) (en Galicia) - Zona de especial protección para as aves (ZEPA) (en Galicia) |
Zona húmida protexida: | |
Reserva da biosfera: | Terras do Miño (2002) - Área de Allariz (2005) - Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá (2006) - Río Eo, Ozcos e Terras de Burón (2007) - Reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés (2009) - As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2013) - Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel (2021) |
Outros: |