Morcego de bigotes | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Myotis mystacinus (Kuhl, 1817) | |||||||||||||||||||
Distribución Myotis mystacinus
| |||||||||||||||||||
Distribución no mundo
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
O morcego bigotudo (Myotis mystacinus) é unha especie de pequeno morcego europeo con pelaxe longa. Aínda que é pouco común, este morcego habita en zonas próximas aos sitios onde viven os humanos e preto da auga; é semellante ao morcego de Brandt, o Myotis brandtii, o cal pasou a considerarse como unha especie independente en 1970. A fórmula de dentición do M. mysticinus é .
A análise das características morfolóxicas, do seu comportamento e xenéticas atoparon máis subespecies de morcegos bigotudos no xénero Myotis. De Myotis mystacinus, Myotis brandtii e Myotis ikonnikovi separouse unha nova especie, Myotis alcathoe, no ano 2001. M. alcathoe é o máis pequeno entre os morcegos bigotudos de Europa e emprega as frecuencias nas súas chamadas de ecolocalización máis altas de todas as especies europeas pertencentes ao seu xénero. Prefire cazar en vales pequenos con árbores de folla caduca próximos a cursos de auga. Os antigos rexistros de Grecia e Hungría indican unha distribución importante no sueste de Europa.
(Vexa a distribución do Morcego de bigotes no modelo)
As frecuencias utilizadas polo M. mystacinus para a ecolocalización varían entre 34–102 kHz, chegando ao pico de enerxía en 53 kHz e cunha duración media de 3.0 ms.[1][2]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego de bigotes |