Infotaula de personaOlivier Picard
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1940
Bernay, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Thasos (Grecia) Editar o valor em Wikidata
Director of the Maison des Sciences de l’homme Mondes (en) Traducir
1996 – 1999 – Pierre Rouillard →
Director of the French School at Athens (en) Traducir
1981 – 1992
← Pierre Amandry (pt) TraducirRoland Étienne (pt) Traducir →
Presidente Academia de Inscricións e Linguas Antigas

← Henri Lavagne (en) TraducirYves-Marie Bercé (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
EducaciónEscola Normal Superior de París.
Coñecido porEstudos helenísticos.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónarqueólogo , profesor universitario , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversité Paris-Sorbonne (1993–)
Universidade de Paris X - Nanterre (pt) Traducir (1971–1993) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMarie-Christine Marcellesi (pt) Traducir, Guy Meyer (en) Traducir, Gilles Gorre (en) Traducir, Évangéline Markou (pt) Traducir e Julien Fournier (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisGilbert Charles-Picard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Colette Picard Editar o valor em Wikidata
Premios
(2013): Medalla Huntington (ANS).

Olivier Picard, nado o 4 de marzo de 1940 en Bernay, Normandía, é un historiador, arqueólogo e numismático francés especializado na Antiga Grecia.[1]

Picardo foi director da Escola Francesa de Atenas e é membro da Académie des inscriptions et belles-lettres.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Olivier Picard naceu na vila normanda de Bernay o 4 de marzo de 1940, o maior dos fillos dos historiadores e arqueólogos Gilbert Charles-Picard e de Colette Durand, e neto do helenista Charles Picard. Graduouse en educación secundaria en 1957 no instituto Fustel de Coulanges, en Estrasburgo.[2]

Picard formouse na École normale supérieure (1960) e acadou a agregación para a docencia da historia no ensino secundario en 1964. No período 1966-1971 foi membro da Escola Francesa de Atenas.[1] En 1976 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada Chalcis et la Confédération eubéenne.[2]

Comezou a docencia universitaria como profesor axudante na Universidade de París-Nanterre (París X) en 1971, e xa como profesor titular entre 1979 e 1992.[1][2]

Entre 1981 e 1992 dirixiu a Escola Francesa de Atenas e logo regresou durante un ano o seu posto na Universidade de París-Nanterre.[3] Finalmente, en 1993 foi nomeado profesor da Universidade de París Sorbona (París IV), na que desde 2004 dirixiu a escola de doutoramento "Mundos antigos e medievais".[1][2]

Como arqueólogo, participou nas escavacións de Thasos et Lato.[1] Entre 1996 e 1999 dirixiu a Maison Archéologie & Ethnologie René-Ginouvès, establecida no campus da Universidade París-Nasterre. Así mesmo, Picard presidiu a Asociación de Estudos gregos (1997-1998), de cuxa revista Revue des Études grecques foi nomeado director en 2000.[1][2]

Entre 1995 e 1997 foi o presidente da Sociedade Francesa de Numismática.[4][5] Tamén codirixiu a revista desta sociedade, Revue numismatique, desde 1997 ata 2014.[1][2][6]

No verán de 1999 foi o profesor encargado do seminario estival da American Numismatic Society.[1][2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Olivier Picard foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París, en 2001. No seu país tamén foi recoñecido como cabaleiro da Lexión de Honor, oficial da Orde nacional do Mérito e comendador da Orde das Palmas Académicas.[1][2]

Premios

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Picard foi autor dun bo número de artigos publicados en diferentes revistas especializadas, así como de máis dunah ducia de traballos monográficos:[9][10][11][12][13]

Monografías

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Picard, Olivier". Académie des inscriptions et belles-lettres.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Curriculum Vitae: Olivier Picard". Academia.edu
  3. "1981-1992. Direction O. Picard". École française d'Athènes.
  4. "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
  5. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
  6. "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxinas 7-50 (para anos posteriores cómpre examinar cada número concreto da revista a través de Persée).
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "2012 and 2013 Huntington Awards for excellence in numismatic scholarship". Coins Weekly. 28 de marzo de 2013.
  9. "Bibliographie. Olivier Picard". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Febreiro de 2014.
  10. "Digital Library Numis Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  11. "Picard, Olivier (1940-)". Persee.fr
  12. "Picard, Olivier". WorldCat Identities.
  13. "Olivier Picard". Academia.edu

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Sylvie de Turckheim-Pey
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1995-1997
Sucesor:
Jean Hiernard