Max Bernhart
Datos persoais
Nacemento12 de outubro de 1883
Lugar Krumbach.
Baviera.
Alemaña Alemaña
Falecemento1 de outubro de 1952.
Lugar Türkheim.
Baviera.
Alemaña Alemaña
NacionalidadeAlemá
Actividade
CampoNumismática.
Alma máter Universidade de Múnic.
Contribucións e premios
Coñecido porDirector do Gabinete Numismático de Múnic.
Premios(1946): Medalla Huntington (ANS.
editar datos en Wikidata ]

Max Bernhart, nado o 12 de outubro de 1883 en Krumbach, Suabia, e finado o 1 de outubro de 1952 en Türkheim, foi un numismático alemán.[1]

Traxectoria

Max Bernhart cursou ós seus estudos superiores na Universidade de Múnic, onde se graduou e onde, en 1910, acadou o seu doutoramento cunha tese sobre os achados de moeda romana ao sur de Baviera.[1][2]

Logo da súa graduación, en 1908 comezou a traballar na Colección Estatal de Moedas de Múnic (Staatliche Münzsammlung München), que naquel momento estaba dirixido por Georg Habich. Logo do falecemento de Habich en 1932, Bernhart sucedeuno a dirección dese gabinete numismático, ata a súa xubilación en 1949.[1]

Aínda que algúns dos seus primeiros traballos versaron sobre numismática e medallística máis moderna, como o das medallas de arte contemporáneas (1917), o das medallas de retrato de Carlos V, de 1919, ou os corpus de moedas de Kaufbeuren e Kempten, de 1923 e 1926, os seus estudos máis salientables centráronse no estudo da moeda da Antiga Roma, con obras tan significativas como Münzkunde der römischen Kaiserzeit ("Moedas do Imperio Romano"), en 1922, e sobre todo Handbuch zur münzkunde der römischen kaiserzeit ("Manual sobre a moeda do período imperial romano"), de 1926, que compendiaba en dous volumes o coñecemento que naquel momento se tiña sobre a moeda imperial romana e que segue a ser o único manual escrito en lingua alemá sobre o tema.[3] Este traballo publicouse nunha época de rápido avance no coñecemento da numismática romana, polo que axiña quedou desactualizado nalgúns aspectos; porén, Bernhart amosouse conservador con respecto a estes avances, postura que defendeu no congreso de invastigadores numismáticos celebrado en Múnic en 1950.[1]Tamén fixo algunha incursión sobre a iconografía da moeda da antiga Grecia con senllos estudos sobre a presenza de Afrodita e de Dioniso e a súa familia na moeda grega, publicados na derradeira etapa da súa carreira. Neses últimos anos, Bernhart dedicouse principalmente a dar conferencias e a publicar artigos, moitos deles como comunicacións da Sociedade Numismática de Baviera, en tanto que preparaba un manual sobre a moeda grega, que non chegou a concluír.[1]

Recoñecementos

Publicacións

Estes son os estudos monográficos máis salientables dos publicados por Max Bernhart ao longo da súa carreira:[5][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cahn, H. A. (1953).
  2. Véxase (1910) en "Publicacións".
  3. Véxase "Publicacións".
  4. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  5. "Bernhart, Max 1883-1952 Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  6. "Bernhart, Max 1883-1952". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía