Infotaula de personaAgnes Baldwin Brett
Biografía
Nacemento(en) Agnes Baldwin Editar o valor em Wikidata
25 de setembro de 1876
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1955 (79 anos)
Marblehead
Massachusetts
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Columbia
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático , erudita clásica , arqueóloga Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge Monroe Brett
Premios
- 1943: Medalla da RNS
- 1919:Medalla Huntington, da ANS.

BNE: XX1122511

Agnes Baldwin Brett, nada o 25 de setembro de 1876 en Newark (Nova Jersey) e finada en Marblehead (Massachusetts) o 26 de decembro de 1955, foi unha numismática e arqueóloga estadounidense que exerceu como conservadora na American Numismatic Society ("Sociedade Numismática Estadounidense") a partir de 1910. Foi a primeira muller en ocupar ese posto e mantivo a súa vinculación á Sociedade durante toda a súa vida.[1][2][3]

Agnes Baldwin Brett fixo importantes contribucións ao estudo das moedas, as medallas e as esculturas antigas. O seu traballo, sinaladamente o numismático, foi utilizado por arqueólogos posteriores.[4] Tamén foi profesora visitante de Arqueoloxía na Universidade de Columbia en 1936.[2]

Traxectoria

Agnes Baldwin naceu en Newark, Nova Jewrsey, en 1876, filla do acomodado comerciante de peles Fredrick Wellington Baldwin e da súa muller, Mary A. Wheeler. Fixo os seus estudos de secundaria en Newark e en 1893 matriculouse no Barnard College en Manhattan, Nova York, onde se graduou en 1897. Posteriormente, completou os seus estudos superiores de posgrao en Arqueoloxía na Universidade de Columbia en 1900.[1][2][3]

A partir dese ano, Brett pasou dous anos como bolseira na Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas, cidade onde descubriu o seu interese pola numismática.[2][5] Alí participou nos achados de moedas da escavación en Corinto, auspiciada pola propia escola, e publicou os resultados en 1903.[3][6][7]

En 1910, Brett converteuse na primeira muller en exercer como conservadora da Sociedade Numismática Estadounidense (ANS), institución á que permaneceu estreitamente vinculada ata a súa morte en 1955. Entre 1912 e 1914, A ANS concedeulle unha licenza para facer os seus estudos no Gabinete de Medallas de París e para visitar diversas coleccións de moedas e museos numismáticos europeos. Xa de volta nos EEUU continuou o seu labor na American Numismatic Society, coa condición de "conservadora asociada honoraria de moedas antigas" a partir de 1923. Entre ese mesmo ano e 1946 ocupou tamén o posto de presidenta do Comité de Publicacións da ANS, onde se conservan os seus arquivos, as súas cartas e os seus manuscritos.[2][3][8]

Brett adquiriu unha significativa notoriedade polo seu coñecemento das cuñaxes das cidades-estado de Quíos e de Lámpsaco, en Asia Menor, e os seus traballos sobre esta materia seguen a ser referencias actualmente. Tamén se ocupou dos medallóns romanos, sobre os que publicou varias monografías. A súa obra máis aclamada foi un catálogo de moedas gregas producido durante a súa estadía como conservadora honoraria de moeda clásica no Museo de Belas Artes de Boston.[2][3]

Brett foi tamén membro de entidades como a Royal Numismatic Society e a Sociedade para a Promoción de Estudos Romanos de Londres, e membro honorífico da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.[2][3]

No aspecto familiar, Agnes Baldwin casou en 1914 con George Monroe Brett, un profesor de contabilidade do City College de Nova York.[1][2][3] Del tomou o apelido polo que é coñecida e xuntos tiveron unha filla, Barbara Brett Sanders (5 de marzo de 1920 - 11 de febreiro de 2013).[9]

Recoñecementos

A concesión da medalla amosa o noso aprecio polos distinguidos servizos prestados aos estudos numismáticos. Como tal, rógolle que a acepte. Mais estou seguro de que non lle importará se o premio que se lle outorga neste fatídico ano da historia se sente tamén como un saúdo da nosa Sociedade a unha sociedade irmá da súa amigable e grande nación.
Harold Mattingly.

Coleccións

Brett coleccionaba selos cilíndricos babilónicos e a súa colección foi publicada en 1936 polo Instituto Oriental da Universidade de Chicago.[2][14]

A American Numismatic Society alberga unha colección de fotografías tomadas por Agnes Baldwin Brett durante as súas viaxes polas Bermudas, Grecia, Francia, Italia, Turquía e Gran Bretaña. O arquivo fotográfico foi dixitalizado e posto en liña ao dispor dos interesados en 2017.[3][8][15]

Publicacións

Esta é unha listaxe dos traballos publicados por Agnes Baldwin Brett:[16]

Monografías

Catálogos de exposicións

Artigos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Agnes Baldwin Brett". Newman Numismatic Portal (NNP). Washington University.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Agnes Baldwin Brett (1876-1955)". American Numismatic Society.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Agnes Baldwin Brett Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". ANS Magazine. American Numismatic Society.
  4. Shear, T. L. (1925). "Excavations at Corinth in 1925". American Journal of Archaeology. 29 (4): 381-397.
  5. "History of the American School 1882-1942: Directory of Fellows and Students". American School of Classic Studies at Athens.
  6. Sacks, D. (2005). Encyclopedia of the Ancient Greek World. Facts on File, Inc. Páxina 92. ISBN 0-8160-5722-2
  7. Baldwin, A. (1903). "The cave at Vari. V. coins". En American Journal of Archaeology. 7. Archaeological Institute of America. Páxinas 335-337.
  8. 8,0 8,1 "Agnes Baldwin Brett papers, 1900 - 1959". American Numismatic Society.
  9. "Barbara Brett Sanders". En The Boston Globe. Obituaries. 17 de febreiro de 2013.
  10. "History of the American School 1882-1942: Agnes Hoppin Memorial Fellows". American School of Classic Studies at Athens.
  11. "Huntington Medal". American Numismatic Society.
  12. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  13. "Proceedings of the Royal Numismatic Society". The Numismatic Chronicle. 3. 1943. Páxinas 10-11.
  14. Von der Osten, H. H.; Barnett, R. D. (1938). "Ancient Oriental Seals in the Collection of Mrs. Agnes Baldwin Brett". Journal of the Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland. 2. Páxinas 315-317.
  15. "Agnes Baldwin Brett: A Pioneer Numismatist and Archaeologist at the ANS". Pinterest.
  16. "Published Works of Agnes Baldwin Brett". American Numismatic Society.