Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1930 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 17 de marzo de 2014 ![]() A Coruña, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santa María de Pastoriza (Arteixo)[1] |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecta ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Santiago Rey Pedreira ![]() |
Premios
|
Milagros Rey Hombre, nada en Madrid o 22 de outubro de 1930 e finada o 17 de marzo de 2014, foi unha das primeiras arquitectas de Galicia[2].[3][4][5]
Filla do arquitecto Santiago Rey Pedreira, estudou o bacharelato no Colexio Compañía de María da Coruña e comezou a carreira de arquitectura en Madrid en 1952.[3]
En 1960 conseguiu o seu título e ano e medio despois estableceu o seu estudio na Coruña, compaxinando o labor co desempeño de traballos municipais.[6] Un dos seus primeiros traballos na cidade herculina foi a reforma da capela da Compañía de María en 1962, seguindo as orientacións do Concilio Vaticano II logrou un espazo sobrio pero cun coidadoso emprego da luz.[7] Entre as súas obras destacan o local social de pescadores de Fisterra, a fonte de Catro Camiños e a Torre Dourada, primeiro rañaceos coruñés, na rúa de Juan Flórez.[8][3] Como xefa da sección técnica do concello, realizou a xestión do chan para a construción de polígonos como o de Elviña e o Barrio das Flores ou para o establecemento da refinaría.[6] Tamén realizou diferentes obras en Betanzos.[9]
Foi catedrática da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña.[3]
En 2005 foi condecorada coa Medalla Castelao.[10][11] En 2012 o concello da Coruña realizoulle unha homenaxe.[12] En 2014 o Proxecto MAGA, Mulleres Arquitectas de Galicia, rendeulle unha homenaxe na Escola técnica superior de Arquitectura da Coruña.[13]