Matilde Ucelay
Nacemento1912
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento24 de novembro de 2008
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, Universidade Politécnica de Madrid e Instituto-Escuela
Ocupaciónarquitecta
NaiPura Maortua
FillosJavier Ruiz-Castillo
IrmánsMargarita Ucelay
Coñecida porCasa Oswald
PremiosPremio Nacional de Arquitectura de España
editar datos en Wikidata ]

Matilde Ucelay Maórtua, nada en Madrid en 1912 e finada na mesma cidade o 24 de novembro de 2008, foi unha arquitecta española, gañadora do Premio Nacional de Arquitectura de España en 2004.

Traxectoria

Filla de Enrique Ucelay e de Purificación Maortua. Titulouse en arquitectura no 1936, sendo a primeira muller en España que acadou tal título. Levou a cabo máis de 120 proxectos malia ser depurada en 1940 e condenada en consello de guerra a inhabilitación perpetua para cargos públicos (fora secretaria do Colexio de Arquitectos) e durante 5 anos para o exercicio profesional privado.

Recoñecementos

No 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Matilde Ucelay, na área de enxeñerías e arquitectura.[1]

Vida persoal

Casou co editor José Ruiz-Castillo Basala, e a súa irmá Margarita foi a primeira muller de Ernesto Guerra da Cal[2].

Notas

  1. "La Moncloa. 26/05/2022. El Ministerio de Ciencia e Innovación crea los Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2022-05-29. 
  2. Alvarellos, Henrique (4-11-2018). "García Lorca recita, en galego, en Torrejón". La Voz de Galicia (Santiago de Compostela). 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.