Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Incluír a súa actividade política Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2022)
Infotaula de personaModesto Seara

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalModesto Seara Vázquez
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Morte2022 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónacadémico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX944787

Modesto Seara Vázquez, nado o 11 de setembro de 1931 en Allariz e finado o 26 de decembro de 2022, foi un político e xurista galego.

Traxectoria

Realizou estudos en dereito na Universidade Central de Madrid, e obtivo o título de licenciado en 1955. Viaxou a Londres en 1957 e tamén a París, onde cursou o doutoramento en dereito internacional na Universidade da Sorbona. En 1959 presentou a tese Études de Droit Interplanetaire, unha das primeiras obras sobre o dereito do espazo exterior.

Logo de doutorarse marchou a México, onde foi profesor da Universidade Nacional Autónoma de México[1]. A finais do século XX empezou a crear unha rede de universidades públicas no estado de Oaxaca, da que acabou por ser reitor. A rede, o Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca (SUNEO) comprende a Universidade Tecnolóxica da Mixteca, a Universidade do Mar, a Universidade do Istmo, a Universidade da Serra Sur, a Universidade da Sierra Juárez, a Universidade do Papaloapan e a Universidade da Cañada. Ese de reitor era o posto que tiña en 2011, cando recibiu a Medalla Castelao.

Foi académico das Relacións Internacionais, destacou polas súas achegas no campo do Dereito do espazo exterior, dereito internacional e o estudo das Relacións Internacionais.

Premios e distincións

En 2011 foi recoñecido pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.

Notas

  1. Barro, Senén. "Elogio a los años". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-03-07. 

Véxase tamén

Ligazóns externas