Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1950 ![]() Cuntis, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | deportista , empresario ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Deporte | vela ![]() |
Premios |
Pedro Campos Calvo-Sotelo, nado en Cuntis o 6 de marzo de 1950, é un regatista galego, o máis laureado de España e un dos máis laureados do mundo. Foi 17 veces campión do mundo e 10 veces campión de España en diferentes modalidades de vela, ademais de conquistar ata en 11 ocasións a Copa do Rei de Vela, sendo o regatista con máis títulos desta competición.[1][2]
Desde 1999 é o presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo e director deportivo do equipo Team Telefónica.
É fillo de Marcial Campos, empresario do mundo dos balnearios, e de Enriqueta Calvo-Sotelo, irmá do que fora presidente do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo.[3]
Aos tres anos comezou a navegar co seu pai nun galeón pola ría de Arousa,[3] e posteriormente ingresou no Real Club Náutico de Sanxenxo. Adxudicouse o seu primeiro título nacional na clase Snipe en 1968, en categoría xuvenil, e en 1970 proclamouse campión de España de Vaurien, título que conseguiu de novo en 1971, 1972, 1973, 1974, 1976 e 1978.[4] En 1976 sumou tamén ao seu palmarés o campionato de España de 470.
O seu primeiro cetro mundial chegou en Mónaco, onde conquistou xunto a Juan Santana o Mundial de Vaurien en 1976.[5] Tras varias pratas mundiais nos seguintes anos, en 1990 conseguiu de novo un título mundial, esta vez na clase de 3/4 de tonelada. Revalidou o título catro veces nos seguintes catro anos, converténdose no único patrón da historia da vela mundial en logralo, e sumou ademais o título mundial de media tonelada de 1992.[6]
Foi o patrón do primeiro equipo español que participou na Copa Louis Vuitton, na edición de 1992, buscando praza para a Copa América, co equipo Desafío Español do Monte Real Club de Yates de Baiona. Ademais, gañou co Bribón Telefónica Movistar a regata offshore na Admiral’s Cup de 2003, acabando a competición como o mellor español clasificado na historia da competición, cun segundo posto. En 2004 iniciou o proxecto do equipo Movistar para a Volvo Ocean Race 2005-06, repetindo con éxito na edición 2008-09. Foi ademais o patrón do Telefónica Negro nas regatas inshore da competición.
Ademais é o regatista con máis títulos da Copa do Rei de Vela, edición na que participou por primeira vez en 1986, a bordo do Atlántico. A súa primeira vitoria logrouna en 1993, xunto ao rei Xoán Carlos I no Bribón VIII.[2] No ano 2017 proclamouse en Vancouver, xunto a Xoán Carlos, campión do mundo de 6 metros, na modalidade de clásicos, título que revalidaron en 2019 en Hanko, Finlandia.[7][8]
Dende 1999 preside o Real Club Náutico de Sanxenxo.[9]
Durante todo este tempo recibiu numerosos premios e condecoracións, entre os que destacan a Medalla de Prata de Galicia en 1992, a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo (máxima distinción deportiva en España), o Premio Nacional ao Mellor Regatista de 1999, o premio especial da Real Federación Española de Vela de 1999, o Premio Nacional ao Equipo do Ano en 2000 e 2001, o Premio Nacional de Vela como mellor patrón en 2002 e a Orde ao Mérito Olímpico e a Medalla Castelao en 2003.[10]
Casou con Begoña Gil de Barroeta primeiro e con Cristina Franze despois, e ten dúas fillas. Mantén unha gran amizade co rei emérito Xoán Carlos de Borbón, xunto o que ten competido en numerosas ocasión.[3][11]
Campionato Mundial de Vaurien | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1976 | ![]() |
![]() |
Vaurien |
1979 | ![]() |
![]() |
Vaurien |
Campionato Mundial de 3/4 Tm | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1985 | ![]() |
![]() |
3/4 Tm |
1988 | ![]() |
![]() |
3/4 Tm |
1990 | ![]() |
![]() |
3/4 Tm |
1991 | ![]() |
![]() |
3/4 Tm |
1992 | ![]() |
![]() |
3/4 Tm |
1993 | ![]() |
![]() |
3/4 Tm |
1994 | ![]() |
![]() |
3/4 Tm |
Campionato Mundial de 1 Tm | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1987 | ![]() |
![]() |
1 Tm |
Campionato Mundial de 1/2 Tm | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1992 | ![]() |
![]() |
1/2 Tm |
1993 | ![]() |
![]() |
1/2 Tm |
Campionato Mundial de ILC-30 | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1998 | ![]() |
![]() |
ILC-30 |
Campionato Mundial de IMS/ORC | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2001 | ![]() |
![]() |
IMS A |
2002 | ![]() |
![]() |
IMS 600 |
2003 | ![]() |
![]() |
IMS A |
2005 | ![]() |
![]() |
IMS 600 |
2008 | ![]() |
![]() |
ORC 670 |
2009 | ![]() |
![]() |
ORC 670 |
2015 | ![]() |
![]() |
ORC B |
Campionato Mundial de Offshore por Equipos | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2004 | ![]() |
![]() |
Offshore |
2008 | ![]() |
![]() |
Offshore |
Campionato Mundial de 6 metros | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2017 | ![]() |
![]() |
Clásicos |
2019 | ![]() |
![]() |
Clásicos |