Tenzin Gyatso
14º Dalai Lama
Xefe de Estado da Administración Central Tibetana
Período17 de novembro de 1950 - presente
PredecesorThubten Gyatso
Kalon Tripa
Tibetanoབསྟན་འཛིན་རྒྱ་མཚོ་
Pronunciación[tɛ̃ ́tsĩ càtsʰo]
Transcription
(PRC)
Dainzin Gyaco
THDLTenzin Gyatso
Chinés丹增嘉措
PinyinDānzēng Jiācuò
PaiChoekyong Tsering 9º
NaiDiki Tsering
Nacemento6 de xullo de 1935
Taktser, Amdo
Tíbet
SinaturaTenzin Gyatso's signature
Este artigo amosa escritos tibetanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Jetsun Jamphel Ngawang Lobsang Yeshe Tenzin Gyatso ou Tenzin Gyatso (nomes relixiosos), Lhamo Dondrub[1] (nome de nacemento), nado o 6 de xullo de 1935 na localidade tibetana de Taktser, rexión de Amdo, é o 14º e actual Dalai Lama, así como o titular máis lonxevo que ocupou o cargo ata o momento. Foi o líder político do Tíbet ata 2012. Foi recoñecido en 1937 e entronizado o 17 de novembro de 1950 en Lhasa, sendo proclamado dirixente político do Tíbet e líder espiritual do lamaísmo, ou budismo tibetano, mudando o seu nome de nacemento polo actual.

En 1959 tivo que fuxir do Tíbet cruzando a pé o Himalaia para entrar na India, acompañado doutros 80.000 tibetanos, e declarou o goberno no exilio. En 1963 publicou unha constitución baseada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e creou na localidade india de Dharamsala unha "capital no exilio".

En 1989 recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa resistencia constante ó uso da violencia na loita da súa xente para recuperar a liberdade. En marzo de 2011 anunciou a súa renuncia a tódolos cargos políticos do goberno no exilio.[2]

Traxectoria

Primeiros anos

O Dalai Lama de neno

Lhamo Döndrub (ou Thondup) naceu o 6 de xullo de 1935 nunha familia de granxeiros e vendedores de cabalos da pequena aldea de Taktser,[3] na fronteira oriental da antiga rexión de Amdo, daquela xa asimilada na provincia chinesa de Qinghai.[4][5] Foi un dos sete irmáns que sobreviviu á infancia. O maior era a súa irmá Tsering Dolma, dezaoito anos maior. Seu irmán máis vello, Thupten Jigme Norbu, foi recoñecido aos oito anos de idade como a reencarnación do Lama Taktser Rinpoche. A súa irmá, Jetsun Pema, pasou a maior parte da súa vida adulta no proxecto Tibetan Children's Villages. A primeira lingua do Dalai Lama era, nas súas propias palabras, "unha lingua Xining chapurreada que era (un dialecto da) lingua chinesa" e a súa familia non falaba a lingua tibetana.[6][7]

Un grupo de busca foi enviado a localizar a nova encarnación cando o neno se converteu no 14º Dalai Lama cando tiña dous anos de idade.[8] Dise que, entre outros presaxios, a cabeza do corpo embalsamado do 13º Dalai Lama, que primeiro miraba ao sueste, misteriosamente virouse ao nordeste -que indica a dirección na que se deberá atopar o seu sucesor. O rexente, Reting Rinpoche, pouco despois tivo unha visión no lago sagrado de Lhamo La-tso indicando a Amdo como a rexión na que buscar -especificamente unha casa de planta baixa con caleiros e baldosas. Despois dunha extensa busca, a casa de Thondup, cuxas características eran similares ás da visión de Reting, foi finalmente atopada.

Presentáronselle a Thondup varias reliquias, incluíndo xoguetes, algúns deles pertenceran ao 13º Dalai Lama e outros non. Informouse de que identificara correctamente todos os obxectos do anterior Dalai Lama exclamando: "Isto é meu! Isto é meu!"[9]

Casa natal do 14º Dalai Lama.

O xeneral chinés musulmán Ma Bufang non quería que o 14º Dalai Lama sucedese o seu predecesor. Ma Bufang mandou os seus homes para poñer o Dalai Lama baixo arresto domiciliario, dicindo que era necesario para a súa "protección", negándose a permitir a súa marcha ao Tíbet.[10] Ma Bufang fixo todo o posible para atrasar a marcha do Dalai Lama de Qinghai ao Tíbet, demandando grandes sumas de cartos en prata.[11] O pago exixido por parte de Ma Bufang ascendía a 100.000 dólares chineses de prata.[12]

Lhamo Thondup foi recoñecido como o Dalai Lama reencarnado e renomeado Jetsun Jamphel Ngawang Lobsang Yeshe Tenzin Gyatso (Santo Señor, Gloria Benévola, Compasivo, Defensor da Fe, Océano de Sabedoría) aínda que a súa entronización non se realizou formalmente ata que tiña 15 anos de idade; no seu lugar, o rexente exerceu como xefe do Kashag ata ese momento. Os budistas tibetanos refírense normalmente a el como Yishin Norbu (O que cumpre os desexos da Xoia), Kyabgon (Salvador), ou simplemente Kundun (A Presenza). Os seus devotos, así como gran parte do mundo occidental, adoitan referirse a el como Súa Santidade o Dalai Lama, o xeito empregado no sitio web do Dalai Lama.

Comezou a súa educación monástica aos seis anos, sendo os seus principais mestres Yongdzin Ling Rinpoche e Yongdzin Trijang Rinpoche. Aos 11 anos de idade coñeceu o montañeiro austríaco Heinrich Harrer, quen se converteu no seu videógrafo e titor nos temas referentes ao mundo fóra de Lhasa. Os dous foron amigos ata a morte de Harrer en 2006.[13]

En 1959, aos 23 anos, realizou o seu exame final no Templo de Jokhang en Lhasa durante o Monlam ou Festival de rezo Festival. Aprobou con honores e concedéuselle o grao Lharampa, o máximo nivel de grao geshe, máis ou menos equivalente ao doutoramento en filosofía budista.[8][14]

Notas

O 14º Dalai Lama en 2007.
  1. (en tibetano); (en chinés)
  2. El Dalai Lama renunciará al poder político, artigo de El País. (en castelán)
  3. No tempo no que naceu Tenzin Gyatso, Taktser era unha cidade situada na provincia chinesa de Tsinghai (Qinghai) e era controlada por Ma Lin, un xefe militar aliado con Chiang Kai-shek e nomeado gobernador da provincia de Qinhai por Kuomintang. Ver Thomas Laird, The Story of Tibet. Conversations with the Dalai Lama, Grove Press: New York, 2006 ; Li, T.T. "Historical Status of Tibet", Columbia University Press, p. 179; Bell, Charles, "Portrait of the Dalai Lama", p. 399; Goldstein, Melvyn C. Goldstein, A history of modern Tibet, pp. 315–317
  4. Thomas Laird, The Story of Tibet. Conversations with the Dalai Lama, Grove Press: New York, 2006.
  5. Dalailama.com (ed.). "Brief biography, official website of the Dalai Lama". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  6. Thomas Laird, The Story of Tibet: Conversations With the Dalai Lama, p. 262 (2007) "Naquel tempo na miña vila", di, "nos falabamos un chinés chapurreado. Cando era un neno, falaba chinés primeiro, mais era unha lingua Xining chapurreada que era (un dialecto da) lingua chinesa". "Daquela a súa primeira lingua", respondín, "foi un dialecto rexional chinés chapurreado, was a broken Chinese regional dialect, que poderiamos chamar chinés Xining. Non era tibetano. Vostede aprendeu tibetano cando foi a Lhasa". "Si", contestou, "iso é correcto (...)."
  7. The economist, Volume 390, Issues 8618-8624. Economist Newspaper Ltd. 2009. p. 144. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  8. 8,0 8,1 "Profile: The Dalai Lama". BBC News. 25 de febreiro de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2013. 
  9. "Dalai Lama — Speech to the UN and Images of Tibet". Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  10. American Asiatic Association (1940). Asia Pub. Co., ed. Asia: journal of the American Asiatic Association, Volume 40. p. 26. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  11. Melvyn C. Goldstein (1991). University of California Press, ed. A history of modern Tibet, 1913–1951: the demise of the Lamaist state. p. 321. ISBN 978-0-520-07590-0. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  12. Parshotam Mehra (2004). Otto Harrassowitz Verlag, ed. From conflict to conciliation: Tibetan polity revisited : a brief historical conspectus of the Dalai Lama-Panchen Lama Standoff, ca. 1904-1989. p. 84. ISBN 3-447-04914-6. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  13. Peter Graves (host) (2005-04-26). Dalai Lama: Soul of Tibet. A&E Television Networks. Escena en 08:00. 
  14. Marcello, Patricia Cronin (2003). Greenwood Press, ed. The Dalai Lama: A Biography. ISBN 978-0-313-32207-5. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas