Tawakkul Karman | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1979 |
Lugar de nacemento | Ta'izz |
Nacionalidade | Iemen |
Etnia | Árabes |
Relixión | Musulmán |
Alma máter | Universidade de Saná e Universidade de Alberta |
Ocupación | activista pola paz, xornalista, política e Activista polos dereitos humanos |
Irmáns | Safa Karman |
Premios | Premio Nobel da Paz |
Na rede | |
http://www.tawakkolkarman.net | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tawakkul Abdel-Salam Karman (en árabe: توكل عبد السلام خالد كرمان Tawakkul 'Abd us-Salām Khalid Karmān; tamén transliterado como Tawakul,[1] Tawakel[2][3][4]), nada en Shara'b As Salam (Iemen) o 7 de febreiro de 1979,[4]) é unha xornalista, política e activita polos dereitos humanos iemení. Lidera o grupo "Mulleres xornalistas sen cadeas", que cofundou en 2005.[1] Converteuse na face pública internacional do levantamento do Iemen de 2011, que foi parte da primavera árabe. En 2011, foi chamada "muller de ferro" e "nai da revolución" por algúsn iemenís.[5][6] En 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz,[7] sendo a primeira iemení, a primeira muller árabe,[8] e a segunda muller musulmá que o gañou, ademais da segunda Nobel da Paz máis nova ata o momento.[9]
Karman gañou protagonismo no seu país despois de 2005 pola súa participación como xornalista e defensora dun novo servizo telefónico de noticias ao que se lle denegou a licenza en 2007, tralo que liderou protestas pola liberdade de prensa. Organizou protestas semanais a partir de maio de 2007 aumentando os asuntos para reformar.[1][10] Redirixiu as protestas iemenís para apoiar a "revolución de xasmín", como chamaba a primavera árabe, logo de que o pobo tunisiano derrocase o goberno de Zine El Abidine Ben Ali en xaneiro de 2011. Foi unha das voceiras da oposición que reclamou o fin do réxime do presidente Ali Abdullah Saleh.[11]
Un cable saudita de WikiLeaks revelou que mentres denunciaba publicamente a Arabia Saudita, estaba organizando reunións secretas cos sauditas para requirir o seu apoio. Karman prodigou eloxios aos sauditas por forzar un acordo de transición que moitos reformistas viron como unha profunda traizón á revolución. Ela acusou a Abd Rabbuh Mansur Hadi de apoiar os houthis e a Al Qaida.[12]
Tawakkol Karman naceu o 7 de febreiro de 1979 en Shara'b As Salam, gobernación de Taiz.[13] Creceu preto de Taiz, onde estudou, terceira cidade máis grande do Iemen, descrita como un lugar de aprendizaxe nun país conservador.[14] É filla do avogado e político Abdel Salam Karman, que ata a súa dimisión ocupou o cargo de ministro de asuntos legais no goberno de Ali Abdullah Saleh.[10] É irmá do poeta Tariq Karman,[15] e de Safa Karman, avogado, e primeiro cidadán iemení graduado pola escola de dereito de Harvard. Safa é tamén xornalista e traballa para Al-Jazeera.[16] Está casada con Mohammed al-Nahmi[6][17] e é nai de tres fillos.[18]
Karman obtivo un grao en comercio pola Universidade de Ciencia e Tecnoloxía, e graduouse en ciencia política pola Universidade de Saná.[14][16] En 2012, recibiu un doutoramento honorífico en dereito internacional pola Universidade de Alberta no Canadá.[19][20]
Nunha protesta en 2010, unha muller intentou apuñalala cun jambiya mais os seguidores de Karman foron quen de evitar o asalto.[17][21]
Segundo Tariq Karman, "un alto oficial iemení" ameazou telefonicamente de morte a súa irmá de morte o 26 de xaneiro de 2011 se continuaba coas súas protestas públicas.[22] Segundo escribiu Dexter Filkins en The New Yorker, o oficial era o presidente Saleh.[15]
O goberno turco ofreceu a Karman a cidadanía turca e ela recibiu os documentos do ministro de exteriores turco o 11 de outubro de 2012.[23][24][25][26]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tawakkul Karman ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |