Abiy Ahmed | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Abiy Ahmed Ali |
Nacemento | 15 de agosto de 1976 |
Lugar de nacemento | Beshasha |
Nacionalidade | Etiopía |
Relixión | Protestantismo |
Alma máter | Universidade de Addis Ababa |
Ocupación | político e militar |
Cónxuxe | Zinash Tayachew |
Premios | Premio Nobel da Paz, Time 100, Order of King Abdulaziz al Saud e Order of Zayed |
Na rede | |
https://pmo.gov.et/pm/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abiy Ahmed Ali (en amhárico: አብይ አህመድ አሊ, en oromo: Abiyyii Ahimad Alii, a miúdo acurtado como Abiy Ahmed ou só Abiy), nado o 15 de agosto de 1976, é un político etíope que dende o 2 de abril de 2018 é o cuarto[1] e actual primeiro ministro de Etiopía.[2]
Segue sendo presidente tanto do partido Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (FDRPE)[3] como do Partido Demócrata Oromo (PDO, que é un dos catro partidos en coalición coa Fronte Democrática).[4] Abiy é tamén membro electo da Asemblea Parlamentaria Federal, e un membro dos comités executivos do FDRPE e do PDO.
Un antigo oficial de intelixencia militar, dende que se converteu en primeiro ministro lanzou un amplo programa de reformas políticas e económicas,[5] mais non todas as propostas contan co apoio dos partidarios da constitución federal, ou na rexión de Tigray (onde a reforma de Abiy é considerada selectiva en contra dos tigriñas).[6][7]
O 11 de outubro de 2019, anunciouse a Abiy Ahmed como gañador do Nobel da Paz "polos seus esforzos a prol da paz e da cooperación internacional e, en particular, pola súa decisiva iniciativa para resolver o conflito fronteirizo coa veciña Eritrea".[8]
En outubro de 2021, Abiy Ahmed xurou oficialmente un segundo mandato de 5 anos.
H.E. Abiy Ahmed Ali (PhD) is the fourth Prime Minister of the Federal Democratic Republic of Ethiopia
Ethiopia's Prime Minister Abiy Ahmed has been widely praised for introducing sweeping reforms aimed at ending political repression.
... To the region’s people, Mr Abiy’s shake-up of the Ethiopian state, which has targeted Tigrayans in top positions, is widely seen as biased and vindictive. Even his rousing talk of national unity is viewed as an attack on the federal constitution, which devolves significant powers to nine ethnically defined territories, including Tigray.
A rally has been planned for Ethiopia’s northern Tigray regional state’s capital, Mekelle, on Saturday. Dubbed ‘Respect the Constitution,’ it will be the second such in a space of three weeks.