Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.)
Carlos Filipe Ximenes Belo
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1948 en Baucau, Timor Leste
Ordes
Ordenación sacerdotal26 de xullo de 1980
Consagración episcopal19 de xuño de 1988, por Francesco Canalini
Instituto relixiosoSalesianos de San Xoán Bosco (dende o 21 de setembro de 1973)
Administrador Apostólico de Dili
Bispo titular de Lorium
1983 - 26 de novembro de 2002
PredecesorMartinho da Costa Lopes
SucesorBasílio do Nascimento
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Carlos Filipe Ximenes Belo, nado en Baucau o 3 de febreiro de 1948 é un bispo católico de Timor Leste,[1] Premio Nobel da Paz en 1996.[2]

Traxectoria

Pasou unha infancia precaria, trala morte do seu pai cando tiña dous anos. Adicouse ao pastoreo de búfalos e a mendicidade. Ingresou en 1962 no seminario de Menegah de Dili e máis tarde no de Dili. Continuou os estudos en Portugal. Entrou na orde salesiana e completou a súa formación na Universidade Pontificia desa orde. Adoitaba visitar poboados marxinais e vítimas da represión.

Foi ordenado bispo por Xoán Paulo II en 1988 tras designalo en 1983 administrador apostólico de Dili. Continuou a súa loita a prol dos dereitos humanos, denunciando violacións e abusos e publicando listas de desaparecidos, acusando ao exército indonesio. Foi vixiado e expiado. Pediu á ONU a descolonización de Timor Oriental. Sufriu varios intentos de asasinato.

Tras a concesión do premio Nobel da Paz, entrevistouse co presidente de Indonesia Yusuf Habibie a quen lle pediu un referendo de autodeterminación e o ensino na lingua indíxena tetun. Mediou entre as partes en conflito buscando a reconciliación.

En 2004 marchou de misioneiro a Mozambique onde desenvolve accións de promoción social, axuda económica e educativa de poboacións indíxenas empobrecidas.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Martinho da Costa Lopes
 
Administrador Apostólico de Dili
 
1983 - 2002
Sucesor:
Basílio do Nascimento

Notas

  1. Bishop Carlos Filipe Ximenes Belo, S.D.B., (en inglés).
  2. The Nobel Peace Price 1996 - Carlos Filipe Ximenes Belo - Facts, (en inglés).