(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1992 (32 anos) Courtrai, Bélxica |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un |
Deporte | Super Fórmula Japonesa (pt) (2016–2016) Fórmula 1 (2016–2018) GP2 (2014–2015) Formula Renault 3.5 Series (en) (2013–2013) Fórmula Renault 2.0 Eurocup (pt) (2011–2012) Copa da Europa do Norte de Fórmula Renault (pt) (2011–2012) French F4 Championship (en) (2010–2010) Fórmula E |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Páxina web | stoffelvandoorne.com |
Stoffel Vandoorne nado o 26 de marzo de 1992 é un piloto de carreiras profesional de Bélxica, que actualmente compite en Fórmula Súper. Tamén é o piloto reserva do equipo McLaren de Fórmula Un, preparado para facer a súa estrea no Gran Premio de Bahrain de 2016, en substitución de Fernando Alonso, que foi descartado da carreira polos médicos da FIA logo dun accidente no Gran Premio de Australia de 2016.
Nado en Kortrijk, Vandoorne comezou a súa andaina no karting en 1998 aos seis anos, e dez anos máis tarde gañou o Campionato KF2 belga. En 2009 terminou como subcampión na Copa do Mundo CIK-FIA na categoría KF2.[1]
En 2010, Vandoorne trasladouse aos monoprazas de carreiras, uníndose as Series F4 Eurocup 1.6.[2] Logo gañou a serie no seu primeiro intento, terminando a tempada con seis vitorias e tres podios..[3]
En 2011, competiu na Eurocup Formula Renault 2.0 con Kurt Mollekens no equipo KTR.[4] Terminou quinto na xeral, cun podio en Hungaroring e outros oito acabados nos puntos ao longo da tempada,[5] tamén participou na Formula Renault 2.0 Northern European Cup, onde terminou terceiro na clasificación da serie con oito podios.[6]
Na tempada 2012 Vandoorne mantívose na Eurocup, pero deixou KTR para unirse a Josef Kaufmann Racing.[7] Gañou o campionato por dez puntos logo dunha dura batalla co Red Bull de Daniil Kvyat. Entre eles gañaron 11 das 14 carreiras e terminaron a máis de 100 puntos de vantaxe sobre o seu rival máis próximo. Vandoorne terminou a tempada con catro vitorias e seis podios no seu haber. Tamén disputou algunha carreira na Northern European Cup, onde gañou cinco das sete carreiras que empezou e terminou no podio nunha sexta carreira.
En 2013, Vandoorne correu na Fórmula Renault 3.5, onde substituíu o campión de 2012 Robin Frijns en Fortec Motorsport,[8] terminou segundo por detrás do seu compañeiro o novo piloto de McLaren Kevin Magnussen con catro vitorias e 10 podios, incluíndo unha vitoria na súa pista local de Spa-Francorchamps.
En xaneiro de 2014, confirmouse que Vandoorne faría a súa estrea na GP2, competindo con ART. Na primeira carreira en Bahrain, Vandoorne conseguiu a súa primeira vitoria da tempada na carreira principal. A isto seguíronlle catro poles consecutivas, tres vitorias máis en Hungaroring, Monza e Yas Marina e seis podios adicionais. Malia ser un novato, terminou segundo por detrás do campión de 2014 Jolyon Palmer.
Vandoorne continuou con ART en 2015 e foi considerado o principal candidato ao título.[9] Participou na Fórmula 3 xaponesa de 2014 xunto o campión Nobuharu Matsushita. Logo de cinco vitorias, doce podios e catro poles, Vandoorne logrou o título en Sochi, 108 puntos por encima do seu rival máis próximo Alexander Rossi.
En febreiro de 2013, Vandoorne uniuse ao Programa de Novos Pilotos de McLaren,[10] baixo a tutela do seu representante Richard Goddard, en colaboración co director deportivo do equipo Sam Michael e o seu xefe de comunicacións Matt Bishop, Alex Wurz presentouno en 2011.[11][12]
En xaneiro de 2014, foi presentado como terceiro piloto de McLaren F1 tamén como piloto titular nas GP2 Series de ART Grand Prix.[13]
O 12 de febreiro de 2016, anunciouse que Vandoorne correrá na Super Fórmula en 2016.[14] Terminou en cuarto lugar, a clasificación máis alta entre os pilotos de motor Honda, con dúas vitorias e unha pole position no Fuji Speedway en condiciónsde mollado ao longo da carreira.
O 31 de marzo de 2016, anunciouse que Vandoorne substituiría ao piloto titular Fernando Alonso no Gran Premio de Bahrain despois de que o español non fora considerado apto para pilotar tralo grave accidente na rolda anterior.[15] Logo de cualificar 12º por diante de Jenson Button, Vandoorne finalizou 10° e converteuse no primeiro piloto de reserva en anotar puntos no debut desde Sebastian Vettel no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007.
O 3 de setembro de 2016, antes do Gran Premio de Italia, McLaren anunciou que Jenson Button non renovaría en 2017, e que Vandoorne o substituiría para correr xunto a Alonso para a tempada de Fórmula Un de 2017.[16] O 23 de agosto de 2017, anunciouse que Vandoorne manteríase para a tempada 2018.[17]
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañadas | Poles | V/Rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | F4 Eurocup 1.6 | Autosport Academy | 14 | 5 | 5 | 4 | 9 | 151 | 1º |
2011 | Eurocup Formula Renault 2.0 | KTR | 14 | 0 | 0 | 0 | 1 | 93 | 5º |
Formula Renault 2.0 NEC | 14 | 0 | 3 | 0 | 8 | 328 | 3º | ||
2012 | Eurocup Formula Renault 2.0 | Josef Kaufmann Racing | 14 | 4 | 6 | 3 | 11 | 244 | 1º |
Formula Renault 2.0 NEC | 7 | 5 | 4 | 5 | 6 | 176 | 9º | ||
2013 | Formula Renault 3.5 | Fortec Motorsport | 17 | 4 | 3 | 2 | 10 | 214 | 2º |
2014 | GP2 Series | ART Grand Prix | 22 | 4 | 4 | 3 | 10 | 229 | 2º |
Fórmula 1 | McLaren Mercedes | Piloto de probas | |||||||
2015 | GP2 Series | ART Grand Prix | 21 | 7 | 4 | 7 | 16 | 341.5 | 1º |
Fórmula 1 | McLaren Honda | Piloto de probas | |||||||
2016 | Super Formula | Docomo Team Dandelion Racing | 9 | 2 | 1 | 0 | 3 | 27 | 4º |
Fórmula 1 | McLaren Honda | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 20º | |
2017 | Fórmula 1 | McLaren Honda | 20 | 0 | 0 | 0 | 0 | 13 | 16º |
2018 | Fórmula 1 | McLaren | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 12 | 16º |
2018–19 | Fórmula E | HWA Racelab | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
(key) (Races in bold indicate pole position) (Races in italics indicate fastest lap)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | Fortec Motorsports | MNZ 1 1 |
MNZ< 3 |
[[Cidade do Motor de Aragón|ALC<b ] 8 |
[[Cidade do Motor de Aragón|ALC<br 3 |
[[Circuíto de Mónaco|MON<br/ br />9 |
[[Circuíto de Spa-Francorchamps|SPA r />13 |
[[Circuíto de Spa-Francorchamps|SPA 2 />1 |
[[Moscow Raceway|MSC 1] ' 1 |
MSC 2 1 |
RBR 1< Ret |
RBR 2<b small>Ret |
HUN 1<br mall>4 |
HUN 2<br all>2 |
LEC 1<br / ll>2 |
LEC 2 l>Ret |
CAT 1 < >3 |
CAT 2 <s 2 |
2º | 214 |
(key) (Races in bold indicate pole position) (Races in italics indicate fastest lap)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | ART Grand Prix | BHR FEA 1 |
BHR SPR 22 |
ESP FEA 13 |
ESP SPR 10 |
MON FEA 14 |
MON SPR 13 |
AUT FEA 2 |
AUT SPR 15 |
GBR FEA 3 |
GBR SPR 9 |
GER FEA 2 |
GER SPR 3 |
HUN FEA 7 |
HUN SPR 1 |
BEL FEA 2 |
BEL SPR 6 |
ITA FEA 1 |
ITA SPR 13 |
RUS FEA 5 |
RUS SPR 2 |
ABU FEA 1 |
ABU SPR 5 |
2º | 229 |
2015 | ART Grand Prix | BHR FEA 1 |
BHR SPR 2 |
ESP FEA 1 |
ESP SPR 2 |
MON FEA 1 |
MON SPR 8 |
AUT FEA 1 |
AUT SPR 2 |
GBR FEA 3 |
GBR SPR 9 |
HUN FEA 5 |
HUN SPR 2 |
BEL FEA 1 |
BEL SPR 4 |
ITA FEA 2 |
ITA SPR 3 |
RUS FEA 3 |
RUS SPR 4 |
BHR FEA 1 |
BHR SPR 2 |
ABU FEA 1 |
ABU SPR C |
1º | 341.5 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2018 | McLaren F1 Team | McLaren MCL33 | Renault R.E.18 1.6 V6 t | AUS 9 |
BHR 8 |
CHN 13 |
ACE 9 |
ESP Ret |
MON 14 |
CAN 16 |
FRA 12 |
AUT 15† |
GBR 11 |
ALE 13 |
HUN Ret |
BEL 15 |
ITA 12 |
SIN 12 |
RUS 16 |
XPN 15 |
USA 11 |
MEX 8 |
BRA 15 |
ABU 14 |
16º* | 8 * |
2017 | McLaren Honda | McLaren MCL-32 | Honda RA617H 1.6 V6 t | AUS 13 |
CHN Ret |
BHR NTS |
RUS 14 |
ESP Ret |
MON Ret |
CAN 14 |
ACE 12 |
AUT 12 |
GBR 11 |
HUN 10 |
BEL 14 |
ITA Ret |
SIN 7 |
MAL 7 |
XPN 14 |
USA 12 |
MEX 12 |
BRA Ret |
ABU 12 |
16º | 13 | |
2016 | McLaren Honda | McLaren MP4-31 | Honda RA616H 1.6 V6 t | AUS | BHR 10 |
CHN |
RUS |
ESP |
MON |
CAN |
MAL |
AUT |
RU |
HUN |
ALE |
BEL |
ITA |
SIN |
MAL |
XPN |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
20º | 1 |
* Tempada en progreso.
(key) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Docomo Team Dandelion Racing | SUZ 3 |
OKA 12 |
FUJ Ret |
MOT 6 |
OKA 1 |
OKA 7 |
SUG 6 |
SUZ 17 |
SUZ 1 |
4º | 27 |
|url=
(Axuda)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stoffel Vandoorne |