Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 30 de outubro de 1986 (37 anos) Lauderdale Lakes, Florida |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Boyd Anderson (Lauderdale Lakes, Florida) |
Universidade | Florida State (2006–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 2 / Elección: 57 Por Indiana Pacers |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Tulsa 66ers (2010-2011) Oklahoma City Thunder (2011-2012) → Tulsa 66ers (2012) Mets de Guaynabo (2012) Chorale Roanne (2012-2014) SLUC Nancy (2014–2015) Niigata Albirex BB (2015–2016) Shimane Susanoo Magic (2016–2017) St. John's Edge (2018) Kanazawa Samuraiz (2018-2019) |
Ryan Rupert Reid, nado o 30 de outubro de 1986 en Lauderdale Lakes, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Reid era elixible automaticamente para o Draft da NBA de 2010 tras rematar os catro anos de universidade. Os Oklahoma City Thunder foron o único equipo NBA que o viron traballar antes do draft.[1] Foi en cambio elixido polos Indiana Pacers na 57ª posición e os seus dereitos foron traspasados inmediatamente aos Thunder a cambio dos dereitos de Magnum Rolle, a elección número 51.[2] A súa elección foi considerada unha sorpresa no draft xa que algúns analistas non consideraban que estivera no top 100 de eleccións para o draft.[3] En cambio, os Thunder estaban xa impresionados coas habilidades defensivas de Reid e o seu traballo, e decidiron darlle unha oportunidade.
Xogou na Summer League de 2010 en Orlando cos Thunder. Xogou en catro partidos, acadando 8.3 puntos e 3.8 rebotes en 16.0 minutos por partido.[4] Con todo, non recibiu ningunha oferta de contrato nin invitación para o Training Camp dos Thunder para a tempada 2010-11.[5] O 26 de novembro de 2010, foi fichado polos Tulsa 66ers, o afiliado da D-League dos Thunder.
O 21 de marzo de 2012, foi cortado polos Thunder tras pasar de novo polos Tulsa 66ers.[6] Volveu aos 66ers o 23 de marzo de 2012.