Axente libre | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 21 de setembro de 1990 (33 anos) Atlanta, Xeorxia |
Nacionalidade | Estados Unidos Nixeria |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Norcross (Norcross, Xeorxia) |
Universidade | Wake Forest (2008–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 8 Por Los Angeles Clippers |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Clippers (2010–2011) New Orleans Hornets/Pelicans (2011–2014) Dallas Mavericks (2014–2015) Portland Trail Blazers (2015–2019) Orlando Magic (2019–2021) Chicago Bulls (2021) |
Al-Farouq Ajiede Aminu, nado en Atlanta (Xeorxia) o 21 de setembro de 1990, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Aminu foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Los Angeles Clippers. O 14 de decembro de 2011, os Clippers traspasaron a Aminu, Chris Kaman, Eric Gordon e unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 aos New Orleans Hornets a cambio de Chris Paul e dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft.[1] O 29 de xullo de 2014, Aminu asinou cos Dallas Mavericks.[2]