Luke Harangody
Información persoal
Nacemento 2 de xaneiro de 1988 (36 anos)
Decatur, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Andrean (Merrillville, Indiana)
Universidade Notre Dame (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 52
Por Boston Celtics
Carreira 2010–presente
Historial de equipos
Boston Celtics (2010–2011)
Cleveland Cavaliers (2011–2012)
→ Canton Charge (2012)
Fort Wayne Mad Ants (2012–2013)
UNICS Kazan (2013–2014)
Valencia BC (2014–2015)
Darüşşafaka (2015–2017)
Ratiopharm Ulm (2017–2018)
Joventut (2018–2020)

Lucas Cameron "Luke" Harangody, nado o 2 de xaneiro de 1988 en Decatur, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,03 e xoga de ala-pivote.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Fighting Irish da Universidade de Notre Dame, nos que fixo unha media de 19,2 puntos e 9,5 rebotes por partido.[1] Tendo en conta unicamente os 65 partidos disputados ante equipos do seu mesma conferencia, a Big East, é o único xogador da historia da mesma en facer máis de 20 puntos e 10 rebotes por encontro.[2]

Na súa primeira tempada tardou pouco en destacar, conseguindo o seu primeiro dobre-dobre ante Butler no seu segundo partido oficial, logrando 17 puntos e 10 rebotes.[3] Sería o primeiro dos sete que conseguiu ao longo da tempada, sendo titular en 16 dos 32 partidos, logrando a súa mellor actuación ante Marquette, conseguindo 22 puntos e 13 rebotes.

Na súa tempada sophomore fixo 20,4 puntos e 10,6 rebotes por partido, o que lle colocou como o máximo anotador e o segundo mellor reboteador da conferencia. Anotou 10 ou máis puntos en 32 dos 33 partidos disputados, logrando 29 dobre-dobres. A súa marca de anotación conseguiuno ante Louisville, con 40 puntos, aos que engadiu 12 rebotes e 4 asistencias. Ao termo da tempada foi elixido Xogador do Ano da Big East Conference, e incluído no segundo equipo do All-American.

Na súa terceira tempada volveu liderar a súa conferencia en anotación, con 23,2 puntos, e volveu ser segundo en rebotes, con 12,0 por partido. O seu mellor rexistro da tempada conseguiuno novamente ante Louisville, con 32 puntos, xunto co seu mellor marca reboteadora, 17 capturas. Foi novamente elixido no mellor quinteto da conferencia e no segundo quinteto do All-American. Xa na súa última tempada liderou ao seu equipo en anotación, con 21,8 puntos, e en rebotes, con 9,1. Conseguiu 20 ou máis puntos en 18 partidos. A súa actuación máis destacada foi ante Cincinnati, logrando 37 puntos e 14 rebotes.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Tempada Equipo Partidos Min. %TC %TL Pts. Reb. Asts. Rou. Tap. FP
2006-07 Notre Dame Fighting Irish
32
45,9 81,6 52,7 11,2 6,2 1,2 0,9 0,5 2,6
2007-08 Notre Dame Fighting Irish
33
50,0 76,3 63,0 20,4 10,6 1,7 0,8 0,9 2,6
2008-09 Notre Dame Fighting Irish
34
45,9 77,7 63,0 23,3 11,8 2,1 0,9 0,9 2,3
2009-10 Notre Dame Fighting Irish
30
48,1 78,7 67,2 21,8 9,1 1,6 0,5 0,7 2,3

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na quincuaxésimo segunda posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics,[4] con quen asinou en agosto un contrato por dúas tempadas.

O 30 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe por 2 anos co Valencia Basket da Liga ACB.[5]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Estatísticas de Harangody en TDR
  2. "Luke Harangody And Tim Abromaitis Garner All-BIG EAST Conference Honors". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2011. Consultado o 26 de outubro de 2010. 
  3. Butler Bulldogs vs. Notre Dame Fighting Irish - Box Score - November 13, 2006
  4. 2010 NBA Draft
  5. "Harangody heading to Valencia". Euroleague.net. 13 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]