Koshigaya Alphas – No. 33 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1987 (36 anos) Lancaster (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Brewster Academy (Wolfeboro, New Hampshire) |
Universidade | Iowa State (2007–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 21 Por Oklahoma City Thunder |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2010–2012) → Springfield Armor (2010–2011) → Maine Red Claws (2012) Maccabi Ashdod B.C. (2011) Angelico Biella (2012) Los Angeles D-Fenders (2013) Zielona Góra (2013–2014) Eskişehir Basket (2014–2015) Viola Reggio Calabria (2015–2016) Jiangsu Hualan (2016) Shiga Lakestars (2017) Nagoya Diamond Dolphins (2017–2019) Shiga Lakestars (2019–2020) Koshigaya Alphas (2020–presente) |
Craig Lee Brackins, nado o 9 de outubro de 1987 en Lancaster (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Koshigaya Alphas da B.League xaponesa. Xogou na universidade para os Iowa State Cyclones.[1]
Foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder. O 8 de xullo de 2010, foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto ao tamén rookie Quincy Pondexter a cambio dos dereitos de Cole Aldrich e Morris Peterson..[2]
O 23 de setembro de 2010, foi traspasado outra vez aos Philadelphia 76ers xunto con Darius Songaila a cambio de Willie Green e Jason Smith.[3]
O 30 de novembro de 2010, Brackins foi asignado aos Springfield Armor da NBA Development League.[4] En 5 partidos cos Armor, Brackins acadou 17.2 puntos e 8.6 rebotes.[5] O 12 de decembro de 2010 foi chamado de volta polos 76ers.[6] Foi enviado outra vez a Springfield o 15 de xaneiro de 2011,[7] e rechamado polos 76ers o 7 de febreiro de 2011.[8] Foi enviado outra vez aos Armor o 24 de marzo de 2011.[9]
Durante o lockout de 2011, Brackins asinou en agosto co Maccabi Ashdod B.C. da Ligat ha'Al de Israel.[10]