Ponga é un concello de Asturias, España, sito na zona oriental da comunidade. En 2006 tiña 694 habitantes. A cabeceira municipal é a localidade de San Xuan/San Juan de Beleño.
Xeografía
O municipio de Ponga ocupa unha área de 205,98 km². Sito en terreo montuoso, con elevacións como a Peña Ten, con 2.142 msnm. Os seus límites son: ao norte cos concellos de Piloña e Parres, ao leste con Amieva e máis León, ao oeste con Casu e Piloña e ao sur, de novo con León.