Modelo:Xeografía políticaAmieva
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°14′42″N 5°04′23″O / 43.245, -5.0731Coordenadas: 43°14′42″N 5°04′23″O / 43.245, -5.0731
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalSames Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación599 (2023) Editar o valor em Wikidata (5,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie113,9 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Amieva (en) Traducir Editar o valor em WikidataJosé Félix Fernández Fernández (2011–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33556, 33557, 33558 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33003 Editar o valor em Wikidata

Sitio webamieva.com Editar o valor em Wikidata

Amieva é un concello sito ao oriente de Asturias, a 82 km da capital autonómica, Oviedo. Linda ao norte con Parres, ao sur con Posada de Valdeón e Sajambre (os dous na provincia de León), ao leste con Cangas de Onís e ao oeste con Ponga. É tamén nome dunha parroquia do municipio. A capital é Sames. En 2007 tiña 847 habitantes sobre unha superficie de 113,90 km².

Xeografía

O concello está atravesado de norte a sur pola estrada N-625. O seu territorio está bañado polo río Sella, que recibe aquí as augas dos ríos Ponga e Dobra. Sella e Ponga configuran vales anchos, mentres o Dobra descende encaixado. O concello acolle o Monumento natural da Rede de Toneyu.

O terreo é sumamente quebrado. Consérvanse grandes bosques de freixos (Fraxinus excelsior), olmos (Ulmus minor), salgueiros (Salix sp) etc, que medran nas beiras dos ríos; segundo se ascende aparecen castiñeirais e carballeiras. Ao leste do río Dobra comparecen as primeiras estibacións do macizo occidental dos Picos de Europa, incluído no Parque Nacional de Covadonga e Picos de Europa, e onde se ergue os cumes máis altos de Amieva, a Torre do Medio de 2.467 metros e a Pica Rezo de 1.964 metros.

Clima

O clima é temperado, con réxime térmico oceánico. As precipitacións son abundantes ao longo de todo o ano, a radiación solar é moderada e a nebulosidade alta. Entanto a concentración das nevadas nuns poucos días invernais fai posíbel a formación de mantos nivosos de pouco espesor que poden cubrir o chan varios días.

Durante os meses estivais as temperaturas son moderadamente altas sen chegar a considerarse asfixiantes.

Historia

Vista da Casa do Concello de Amieva.
Vista de Sames, a capital.

Prehistoria

Está constatada a presenza humana no Paleolítico Superior na parte alta do río Sella, como na cova de Collubil, cerca de Campurriondi, con achados de industria lítica e ósea[1].

Os primeiros ciclos metalúrxicos aparecen representados polo dolmen de Mián en Sames, desgraciadamente desaparecido, do que se conserven dous machados, fabricados en pedra puída, no Muséo Arqueolóxico de Oviedo. Esta anta relaciónase con outras do oriente asturiano.

Non se localizaron castros no concello.

Idade media

Aparece Amieva na documentación do distante mosteiro leonés de Sahagún, na que se cita no século X unha vía de comunicación que comunicaba as terras de Amieva coa Meseta. O rei Afonso VII emitiu privilexio en favor dunha albergaría do porto seco de Pontón e da construción da ponte de pedra sobre o Dobra (na actual localidade de Pontedobra).

Amieva aparece no século XIV xa perfilado como un dos concellos asturianos, como sostedor da causa do do rei Pedro I de Castela, xunto con varios concellos leoneses. No século seguinte documéntanse conflitos cos concellos limítrofes leoneses de Valdeón e Sajambre, preitos que perduraron até ben entrado o século XX.

Idade Moderna

No século XVI, o concello estaba gobernado por catro rexedores pertencentes ás familias máis poderosas: García de Paraya, Blanco de Sebarga, Martínez y Sobrecueva (de Argolibiu) e Vega y Cuesta (de Sames). O alférez era dos Cirieñu.

A casa consistorial estaba en Sames, a capital do concello, mais con anterioridade estivo no lugar de Amieva, do que toma o seu nome o concello. Na localidade de Cirieñu consérvase lembranza de que a casona, edificio do século XV foi usada como xulgado r onde eran elixidos no século XVII os procuradores do concello.

Idade Contemporánea

A Guerra da Independencia non afectou o concello en si, pro mozos do concello participaron en diversas accións.

Ao longo do século XIX, a principal actividade foi a gandería vacúa, provocándose a falta doutras a emigración a ultramar, marchándose a mocidade para Cuba, Arxentina, Venezuela etc. Un elemento clave nas comunicacións, foi a construción da estrada de Pontón a Arriondas, vía ao longo do curso do Sella. A marxe desta estrada ficou a capital Sames, o que xunto a ruína do vello edificio consistorial, fixo que a capital se trasladase para Precendi.

Na guerra civil, a senda do porto de Baeza e máis a estrada de Pontón, vías de unión entre Cangas de Onís e León, convertéronse en pasos estratéxicos.

Hoxe Amieva ten como actividades económicas principais as agropecuarias e a explotación forestal, en comeza a coller pulo o turismo rural.

Parroquias

Demografía

O gráfico mostra a perda continua de poboación ao longo do século XX:

Poboación de Amieva.
Poboación de Amieva.

Economía

Hoxe Amieva ten como actividades económicas principais as agropecuarias e a explotación forestal, e comeza a coller pulo o turismo rural. As primeiras acollen o 48,5 % da poboación empregada (2006).

O sector industrial é menos importante, xa que xera pouco emprego, só 8,10% (SADEI, 2006), mercé a produción de electricidade da Cía Saltos del Dobra: Presa de La Xozica, Central de Restaña e máis a Central de Distribución en Campurriondi.

O sector servizos limítase as entidades comerciais e a instalacións hoteleiras relacionadas co turismo rural, pero xera algo máis do 38% do emprego (2006).

Patrimonio arquitectónico

Gastronomía

Festas

A destacar entre outras festividades:

Notas

  1. Na escavación do xacemento dirixida polo conde da Vega del Sella (1912-1915 encontrouse unha cabeza de rebezo gravada sobre dun fragmento óseo e un pendente elaborado a partír dun pelouro que amosa un gravado en forma de árbore, o que non deixa de ser singular

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas