Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Castropol | ||||
Contén a división administrativa | As Figueiras Balmonte (en) Barres (en) Castropol (en) Piñera Presno (en) San Xuan de Moldes Siares Tol (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.289 (2023) (26,15 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.322 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 125,77 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 31 m | ||||
Punto máis baixo | Mar Cantábrico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33760, 33768, 33769, 33778 e 33794 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33017 | ||||
Sitio web | castropol.es | ||||
Castropol é un concello asturiano galegofalante,[1][2][3] limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. En 2022 tiña 3288 habitantes, 710 menos ca en 2005.
A capital do concello é Castropol, que é canda As Figueiras a vila principal do municipio. Ámbalas dúas contan con porto sobre a ría. É un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «castropolego»[4] ou «castropolés».
O concello de Castropol abrangue nove parroquias:[5] Balmonte, Barres, Castropol, As Figueiras, Moldes, Piñeira, Presno, Seares e Tol.
Conta cunha poboación de 3 288 habitantes (INE 2022).
Gráfica de evolución demográfica de Castropol[6] entre 1842 e 2021 |
A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar non só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.
Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.
Asturias | Parroquias de Castropol | |
---|---|
Balmonte | Barres | As Figueiras | Moldes | Piñeira | Presno | Seares | Tol |