Modelo:Xeografía políticaIbias
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°00′01″N 6°49′19″O / 43.0003, -6.8219Coordenadas: 43°00′01″N 6°49′19″O / 43.0003, -6.8219
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalSanto Antolín de Ibias Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.121 (2023) Editar o valor em Wikidata (3,36 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie333,29 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Ibias (en) Traducir Editar o valor em WikidataJosé Ron Méndez Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33810 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33028 Editar o valor em Wikidata

Sitio webibias.es Editar o valor em Wikidata

Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Historia

Integrante durante varios séculos da diocese de Britonia, as súas terras aínda eran considerados na diplomática medieval do século X, como parte da Galicia[1], tal e como recolle unha confirmación de 955 do rei Ordoño III, onde menciona: in Gallecia: (…) Vallebona (Valboa), Triacastella (Triacastela), Zerbantes (Cervantes), Nabia (Navia) cum Deganeis (Degaña) suis , Vitrico , Arborsola (Boal) , Soorna (Navia de Suarna), Trabersas de Fraxino , Ibias ambas, Ausecos (Vilanova de Ozcos) et Neiro (Neira).[2]

Na metade do século XVIII pertenceu a Galicia.[3]

Parroquias

Asturias | Parroquias de Ibias

A Estierna | Cecos | Os Coutos | Marentes | Peliceira | San Clemente | Santo Antolín de Ibias | Sena | Seroiro | Taladriz | Tormaleo

Notas

  1. "Antroponimia sueva (I de V)". Fror na Area. Consultado o 22/06/2010. 
  2. RISCO, M. (1784). España Sagrada, Tomo XXXIV. Madrid, Imprenta de D. Antonio de Sancha. , Facsimile en Google Books.
  3. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). IV: Cartografía. Madrid: INE. 2016 [1995]. pp. 57, 60–64. 

Véxase tamén

Ligazóns externas