Nuestras madres | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nuestras madres |
Director | César Díaz |
Intérpretes | Emma Dib |
Estrea | Festival de Cannes: 21 de maio de 2019 |
Duración | 78 minutos |
Orixe | Bélxica Guatemala |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Nuestras madres é un filme belga-guatemalteco de 2019 dirixido por César Díaz. Conta a historia dun antropólogo forense en Guatemala que investiga a desaparición do seu pai, un loitador da guerrilla que desapareceu nos anos 80. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde Díaz gañou a Cámara de Ouro.[1]
Nuestras madres foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2] Recibiu seis nomeamentos ós Premios Magritte, incluíndo mellor filme e mellor director para Díaz, gañando finalmente o premio ó mellor filme.[3]
En Guatemala comeza o xuízo dos oficiais militares que iniciaron a guerra civil. Os testemuños das vítimas continúan a chegar. Ernesto, un mozo antropólogo da Fundación Forense, identifica persoas desaparecidas. Un día, a través da historia dunha anciá, cre atopar unha pista que lle permitirá localizar o seu pai, un guerrilleiro que desapareceu durante a guerra.