Le fils | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le fils |
Director | Jean-Pierre Dardenne Luc Dardenne |
Produtor | Jean-Pierre Dardenne Luc Dardenne Denis Freyd |
Guión | Jean-Pierre Dardenne Luc Dardenne |
Intérpretes | Olivier Gourmet Morgan Marinne Isabella Soupart |
Fotografía | Alain Marcoen |
Montaxe | Marie-Hélène Dozo |
Estudio | Archipel 35 Les Films du Fleuve RTBF |
Distribuidora | Diaphana Films (Francia) |
Estrea | 9 de xaneiro de 2002 |
Duración | 104 minutos[1] |
Orixe | Bélxica Francia |
Xénero | Misterio |
Recadación | 70 262 dólares |
Na rede | |
Le fils é un filme franco-belga de 2002 dirixido por Jean-Pierre e Luc Dardenne. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Olivier, un carpinteiro que traballa nun centro de operacións, acepta como aprendiz a Francis Thorion, o asasino do seu fillo, que non sabe quen é Olivier nin o tipo de relación que os une. Atormentado pola perda do seu fillo e pola separación da súa esposa, Olivier desenvolve unha obsesión con Francis. Revisa a súa casa, rouba as súas chaves e explora o seu apartamento. Para Francis, Olivier é unha figura de substitución. Con isto na mente, Olivier está dividido entre o odio ao asasino do seu fillo e a ambigüidade moral ao aceptar este mozo cun fogar roto e un pasado cheo de desilusións.