Deux jours, une nuit | |
---|---|
Luc Dardenne, Fabrizio Rongione, Marion Cotillard e Jean-Pierre Dardenne no festival de Cannes | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Deux jours, une nuit |
Director | Luc Dardenne Jean-Pierre Dardenne |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Fotografía | Alain Marcoen |
Montaxe | Marie-Hélène Dozo |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Cannes: 20 de maio de 2014 |
Duración | 95 minutos[1] |
Orixe | Bélxica Francia Italia |
Orzamento | 7 millóns de euros |
Recadación | 9 millóns de euros[2][3] |
Na rede | |
http://www.lesfilmsdufleuve.be/fr/projet-en-cours/Deux-jours-une-nuit | |
Deux jours, une nuit é un filme de 2014 escrito e dirixido polos irmáns Dardenne. É unha coprodución entre Bélxica, Francia e Italia. Está protagonizado por Marion Cotillard e Fabrizio Rongione. Competiu pola Palma de Ouro na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014.[4] Gañou o premio do Festival de Cinema de Sydney, e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme en lingua non inglesa, ademais de ser nomeado a dous Premios César e nove Premios Magritte, gañando finalmente tres deles. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado, aínda que Cotillard recibiu un nomeamento á mellor actriz pola súa interpretación no filme, converténdose no primeiro actor en ser nomeado por un filme belga.[5][6]
En Seraing, unha cidade industrial próxima a Liège, Sandra é unha muller, esposa e nai, que traballa nunha pequena fábrica de paneis solares. Ao padecer unha depresión vese obrigada a pedir unha baixa laboral. Durante a súa ausencia, os seus compañeiros danse de conta de que son capaces de realizar as súas quendas de traballo facendo xornadas lixeiramente máis longa, e a dirección da fábrica ofrécelles unha prima de 1000 euros a cada un se están de acordo con iso, aínda que iso supoña o despedimento de Sandra. Trala alta, esta descobre que o seu posto depende da decisión dos seus dezaseis compañeiros, polo que ten que visitar cada un deles durante unha fin de semana para convencelos de que renuncien á prima salarial que a maioría precisa para manter as súas familias. Sandra ten que librar unha dura batalla para conservar o seu posto de traballo antes da votación definitiva que será luns pola mañá.