Girl | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Girl |
Director | Lukas Dhont |
Produtor | Dirk Impens |
Guión |
|
Intérpretes | Victor Polster |
Música | Valentin Hadjadj |
Fotografía | Frank van den Eeden |
Montaxe | Alain Dessauvage |
Estudio | Menuet Frakas Productions Topkapi Films |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Cannes: 12 de maio de 2018 9 de outubro de 2018 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Bélxica |
Xénero | Drama |
Recadación | $66 789[1] |
Na rede | |
Girl é un filme belga de 2018 dirixido por Lukas Dhont. Foi escrito por Dhont e Angelo Tijssens. Foi estreado na sección Un Certain Regard do Festival de Cinema de Cannes de 2018. Gañou a Caméra d'Or, así como a Queer Palm.[2][3] Tamén en Cannes, Victor Polster gañou o premio do xurado Un Certain Regard pola súa interpretación.[4] Foi escollido como o candidato belga para os Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios.[5][6]
Lara, unha rapaza transxénero de 15 anos, estuda nunha prestixiosa academia de danza belga. Os rigores do adestramento como bailarina son cada vez máis complicados por mor da súa preparación para unha cirurxía de reasignación de sexo.[7]