![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Isabel Rivera Torres ![]() 20 de xuño de 1952 ![]() Ferrol, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , actriz de cinema ![]() |
Lingua | Lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa e lingua francesa ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María Isabel Rivera Torres, máis coñecida como Mabel Rivera, nada en Ferrol o 20 de xuño de 1952, é unha actriz galega.[1]
Actriz de enorme experiencia teatral. En Galicia deuse a coñecer nos anos 90 como protagonista da comedia de maior éxito da TVG, Pratos Combinados, onde interpretou o personaxe de Balbina. Máis tarde chegoulle o recoñecemento a nivel estatal ao ser unha das actrices da oscarizada película Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya á Mellor actriz secundaria.
Traballou en publicidade, ademais de como presentadora, axudante de dirección e actriz de dobraxe.
É Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e fala castelán, galego, inglés e francés.
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actriz protagonista | Pratos combinados | Nomeada |
2005 | Mellor actriz secundaria | Máis ca irmáns | Nomeada |
2007 | Mellor actriz secundaria | Hotel Tívoli | Gañadora |
2008 | Mellor actriz secundaria | A Bela Otero | Nomeada |
2009 | Mellor actriz protagonista | O Nordés | Nomeada |
2012 | Mellor actriz secundaria | Concepción Arenal, a visitadora de cárceres | Gañadora |
2013 | Mellor actriz secundaria | Inevitable | Nomeada |
2014 | Mellor actriz protagonista | Pazo de familia | Gañadora |