Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1983 (41 anos) Donostia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Film and TV School of the Academy of Performing Arts in Prague (en) University of Television and Film Munich (en) |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , guionista |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Participou en | |
Tabakalera | |
Páxina web | jaionecamborda.com |
|
Jaione Camborda Coll, nada en Donostia (Guipúscoa) o 1 de marzo de 1983, é unha guionista e directora de cine vasca.[1][2]
Estudou Comunicación Audiovisual en Madrid e, despois, formouse nas escolas de cine en Praga e Múnic.[3]
Dende 2010 vive e traballa en Santiago de Compostela e en 2011 creou a produtora Esnatu Zinema.[3] Estivo asociada co Novo Cinema Galego,[1][4] traballando como directora de arte ou como produtora en O ouro do tempo (estreada en Karlovy Vary, República Checa) e Verengo (estrea no Festival internacional de cinema independente de Buenos Aires, BAFICI).
Tamén traballou como directora de arte en Las altas presiones que gañou, en 2015, o Premio Las Nuevas Olas no Festival de Cine de Sevilla. En 2019 realizou a súa primeira longametraxe, Arima, que foi presentada de novo no Festival de Cine de Sevilla, ademais de recibir o premio.[5] En 2023 acadou a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia co filme O corno.
En 2024 nos Mestre Mateo acadou os premios de mellor dirección e mellor guión, por O corno.[6]
Data | Título | Formato | Participación | Premios |
---|---|---|---|---|
2023 | O corno | Longametraxe | Directora | Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cine de Donostia.[7] |
2019 | Arima[8] | Longametraxe de ficción | Directora
Guionista Produtora |
Premio á mellor dirección en Nuevas Olas no Festival de Sevilla[9]
Premio á mellor película no IX Festival Márgenes de Madrid.[10] |
2015 | Proba de axilidade | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Nimbos | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Lilit | Curtametraxe | Directora | |
2017 | Ons | Longametraxe de ficción | Guionista | |
2014 | Os fenómenos | Longametraxe de ficción | Guionista | Mellor guión no Festival de Cine de Fortaleza
Mestre guión na XIIIª edición Premios Mestre Mateo (xunto con Alfonso Zarauza) |
2017 | Rapa das bestas[11] | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Verengo | Longametraxe documental | Produtora | |
2017 | Tempo vertical | Longametraxe | Directora de arte | |
2014 | Las altas presiones | Longametraxe de ficción | Directora de arte | Nuevas Olas Cine Europeo de Sevilla[12]
Festival Internacional de Cine de Busán: Sección: Flash Forward. |
2015 | O ouro do tempo | Longametraxe | Directora de arte | |
2014 | Encallados | Longametraxe | Directora de arte |