Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Agustina Otero 4 de novembro de 1868 Valga, España |
Morte | 10 de abril de 1965 (96 anos) Niza, Francia |
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) |
Lugar de sepultura | Cementiri de l'Est (en) (valor descoñecido–) Russian Orthodox Cemetery in Nice (en) (1965–século XX) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Carolina Otero Caroline Otero La Belle Otero |
Residencia | Francia |
País de nacionalidade | España Francia |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de teatro , cortesá , bailarina , prostituta , vedete , cantante , guionista |
Lingua | Lingua castelá e lingua francesa |
Instrumento | Voz |
Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega residente en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.[1]
Nada en Valga, Pontevedra, os seus apelidos son os da súa nai, xa que nunca foi recoñecida polo pai. Dada a súa difícil situación, xa de pícara foi traballar de criada a Santiago de Compostela. Aos dez anos sufriu unha violación que a deixaría estéril. Aos catorce, namora do seu compañeiro de baile Paco e foxen xuntos a Lisboa, onde traballaron de bailaríns até que este a abandonou. Seguíndoo, chegou a Barcelona onde en 1888 un banqueiro moveu os fíos para facela triunfar como bailarina en Francia. Foi con el até Marsella, onde axiña o abandonou e comezou a converterse en Carolina, a Bela Otero, unha xitana de Cádiz. Perseveraría neste papel toda a súa vida, e con el chegou a ser a estrela do Folies Bergère en París e ser unha das mulleres máis desexadas de Europa.
A condición da muller no espectáculo daquela era esvaradía, e polo xeral foi considerada unha cortesá con relacións co máis granado da aristocracia europea: o rei Eduardo VII de Inglaterra, o tsar Nicolao II e Gabriele d'Annunzio.
Retirouse en 1910 e dilapidou a súa fortuna no Casino de Montecarlo para afundir paulatinamente na pobreza.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Bela Otero |