Agallas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Agallas |
Director | Samuel Martín Mateos Andrés Luque Pérez |
Produtor | Pancho Casal Antonio Saura |
Guión | Javier Félix Echániz Juan Antonio Gil Bengoa |
Intérpretes | Carmelo Gómez Hugo Silva Celso Bugallo Mabel Rivera Pepo Suevos |
Música | Xavi Font Arturo Vaquero |
Fotografía | Juan Carlos Gómez |
Estudio | Continental Producciones Mucho Ruido Producciones Agallas AIE |
Distribuidora | Sony Pictures |
Estrea | 4 de agosto de 2009 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 2,5 millóns de euros |
Na rede | |
http://www.agallaslapelicula.com | |
Agallas é un filme español de 2009 dirixido por Samuel Martín Mateos e Andrés Luque Pérez. Está protagonizado por Hugo Silva e Carmelo Gómez.
Estreouse en galego o 12 de marzo de 2015 na TVG.[1]
Sebastián, un delincuente acabado de saír do cárcere, decide buscar emprego nunha pequena empresa de Galicia, “Isolina, Productos del Mar”, da cal se di que o seu xefe, Regueira, é traficante. Faise amigo dun encargado, Raúl, e consegue que o contraten.
O filme foi rodado en localizacións de Galicia entre agosto e setembro de 2008.
En 2010, Arturo Vaquero foi nomeado ao Premio Goya á mellor canción orixinal por "Agallas vs escamas", composto para o filme.
Na 8ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado a oito premios, entre eles mellor filme, mellor actor secundario e mellor música orixinal, mais finalmente non gañou ningún dos galardóns.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
8ª edición | Mellor filme | Samuel Martín Mateos e Andrés Luque Pérez | Nomeados |
Mellor actor secundario | Celso Bugallo | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Carlos Amoedo | Nomeado | |
Mellor dirección artística | Marta Villar | Nomeada | |
Mellor montaxe | Guillermo Represa | Nomeado | |
Mellor música orixinal | Xavier Font e Arturo Vaquero | Nomeados | |
Mellor son | David Machado, Diego Staub e J.L. Vázquez | Nomeados | |
Mellor deseño de vestiario | Ruth D. Pedreira | Nomeada |