Detalles da carreira[1] | ||
---|---|---|
Carreira 16 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014. | ||
Data | 12 de outubro 2014 | |
Nome oficial | 2014 Formula 1 Russian Grand Prix | |
Localización | Circuíto de Sochi, Sochi, Krai de Krasnodar, Rusia | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´853 km | |
Distancia | 53 voltas, 310´209 km | |
Clima | Seco | |
Pole position | ||
Piloto | Lewis Hamilton | Mercedes |
Tempo | 1:38.513 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Valtteri Bottas | Williams - Mercedes |
Tempo | 1:40.896 na volta 53 | |
Podio | ||
Primeiro | Lewis Hamilton | Mercedes |
Segundo | Nico Rosberg | Mercedes |
Terceiro | Valtteri Bottas | Williams - Mercedes |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio de Rusia de 2014, (oficialmente 2014 Formula 1 Russian Grand Prix[1] en ruso ruso Гран-при России 2014 года) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 12 de outubro de 2014 no Circuíto urbano de Sochi, un novo circuíto construído na sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia.
A carreira foi a décimo sexta rolda da tempada de Fórmula Un 2014, e a primeira vez que se disputou o Gran Premio de Rusia nun século. A carreira de 2014 foi tamén a primeira vez que o Gran Premio de Rusia disputouse como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un desde que se creou o campionato en 1950.
Contou coa presenza do piloto local Daniil Kvyat.[2] Marussia decidiu non substituír a Jules Bianchi para toda a fin de semana, polo que participou unicamente co auto de Max Chilton.[3]
Lewis Hamilton gañou a carreira logo de saír desde a pole position. O seu compañeiro de equipo Nico Rosberg terminou en segundo lugar. O resultado asegurou ao equipo Mercedes gañar o campionato de construtores.
.
Tras o derribo do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre o leste Ucraína, en xullo de 2014, e a intervención militar rusa neste país, houbo chamadas para boicotear a proba como parte das sancións impostas ao goberno ruso,[4] pero finalmente foron rexeitadas.
O piloto de Marussia Jules Bianchi que sufriu feridas graves na cabeza no Gran Premio do Xapón, cando colisionou cun tractor que retiraba o Sauber de Adrian Sutil con bandeira amarela, non participou no Gran Premio de Rusia.[5] O equipo nomeou a Alexander Rossi, o seu piloto de probas e reserva, como substituto de Bianchi para a carreira,[6] pero máis tarde retirou a participación como un sinal de respecto, deixando a grella con vinte un coches.[7][8]
Pastor Maldonado recibiu unha penalización de dez posicións no Gran Premio do Xapón, por superar a cota de cinco motores para a tempada[9] pero, como se clasificou 17º,[10][11] foi incapaz de cumprir a penalización, xa que pasaríase do vixésimo segundo e último lugar da grella. Baixo as novas regras introducidas para a tempada 2014,[12] o resto da penalización foi adiado para o Gran Premio de Rusia, dándolle automaticamente unha penalización de cinco posicións.[13]
o provedor de pneumáticos Pirelli levou o pneumático medio como "prime", e o pneumático brando como "opción" para correr na superficie do novo circuíto e tolerar as altas cargas laterais no pneumático, especialmente na curva 4,[14][15] unha curva alargada de radio constante con velocidades estimadas de 200 km/h que destaca como a curva máis longa do calendario da Fórmula Un.[15]
Foron declaradas dúas zonas de DRS para a carreira. O punto de detección para a primeira foi situado na entrada á curva 1, coa zona de activación colocada no vértice da curva. O segundo punto de detección foi instalado na recta traseira do circuíto, cunha zona de activación entre as curvas 12 e 13.[16]
Pos. | Nº | Driver | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:38.759 | 1:38.338 | 1:38.513 | 1 | |
2 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:39.076 | 1:38.606 | 1:38.713 | 2 | |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:39.125 | 1:38.971 | 1:38.920 | 3 | |
4 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:39.560 | 1:39.381 | 1:39.121 | 4 | |
5 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 1:40.074 | 1:39.296 | 1:39.277 | 5 | |
6 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1:39.735 | 1:39.022 | 1:39.629 | 11[17] | |
7 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:40.519 | 1:39.666 | 1:39.635 | 6 | |
8 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:40.255 | 1:39.786 | 1:39.709 | 7 | |
9 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:40.098 | 1:39.838 | 1:39.771 | 8 | |
10 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 1:40.354 | 1:39.929 | 1:40.020 | 9 | |
11 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:40.382 | 1:40.052 | 10 | ||
12 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:40.273 | 1:40.058 | 17[17] | ||
13 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:40.723 | 1:40.163 | 12 | ||
14 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:41.159 | 1:40.536 | 13 | ||
15 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1:40.766 | 1:40.984 | 14 | ||
16 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:42.526 | 1:41.397 | 15 | ||
17 | 9 | Marcus Ericsson | Caterham-Renault | 1:42.648 | 16 | |||
18 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:43.064 | 18 | |||
19 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1:43.166 | 19 | |||
20 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1:43.205 | 21[18] | |||
21 | 4 | Max Chilton | Marussia-Ferrari | 1:43.649 | 20[17] | |||
107% tempo: 1:45.672 | ||||||||
Fonte:[19] |
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Rusia de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 2014 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2014 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio de Rusia de 1914 |
Gran Premio de Rusia | Carreira seguinte: Gran Premio de Rusia de 2015 |