Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italiana. |
Coñecido por | Estudos de moeda oriental. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Lingua | Lingua italiana |
Premios | |
2012: Premio Samir Shamma, da RNS. |
Giulio Bernardi, nado en Trieste en 1937, é un numismático italiano especializado na moeda do mundo islámico e oriental.
Giulio Bernardi naceu en 1937 e cursou estudos de Economía na Universidade de Trieste, a súa cidade natal.[1]
Foi coleccionista de moedas desde a súa xuventude e cultivou os estudos numismáticos de xeito autónomo ao longo da súa vida. Do mesmo xeito, abordou o comercio numismático coa creación, en 1963, da compañía Numismatica Bernardi, na que contou como socio con Giovanni Paoletti.[1]
A partir da década de 1970, tanto o seu ámbito de coleccionismo como os seus estudos centráronse primeiro na moeda do Patriarcado de Aquileia e logo na moeda medieval de Trieste, e as súas monografías sobre estes temas considéranse como referencias para estas emisións.[1][2]
Xa na década de 1980 comezou a fixar o seu interese na moeda do mundo islámico das primeiras épocas, o que o levou renunir unha salientable colección de dinares omeias e abbásidas, e tamén a publicar unha das súas grandes obras, dedicada ás emisións islámicas do período abranguido entre a reforma de Abd al-Malik ibn Marwan (696-697 d. C.) e a deposición do califa abbásida Al-Mustakfi en 946 d.C. Esta obra, publicada co título de Arabic gold coins, Corpus I, fíxoo merecedor dun recoñecemento por parte da Royal Numismatic Society, de Londres.[3][4][5]
No ámbito asociativo, Bernardi funcou o Circolo Numismatico Triestino ("Círculo Numismático de Trieste), foi delegado en Italia da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais e fundou en 1993 a Asociación de Numismáticos Profesionais Italianos, que presidiu ata 2010.[6]
Ademais dun bo número de artigos publicados en diversas revistas numismáticas, Giulio Bernardi foi autor de varios traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seuintes:[8][9][10]