Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1959 |
Recorder | |
2005 – | |
Conselleiro da Raíña | |
1999 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británico. |
Educación | Universidade de París-Sorbona Universidade de Oxford. |
Q89547790 | Estudos de numismática oriental. |
Actividade | |
Campo de traballo | Orientalismo e numismática. |
Ocupación | avogado , xuíz |
Familia | |
Cónxuxe | Inez Dies Vegelin Van Claebergen (1986). |
Premios | |
1997: Premio Samir Shamma, da RNS. |
Hodge Mehdi Malek, nado en Londres o 11 de xullo de 1959, é un xurista e numismático británico.[1][2]
Hodge Malek cursou estudos de Dereito, dos que se diplomou na Universidade Sorbona de París en 1978. En 1981 acadou o mestrado en Xurisprudencia na Universidade de Oxford e un ano máis tarde o trítulo de Bachelor en Dereito Civil na mesma universidade.[2][3]
É avogado desde 1983 e membro do Colexio de Avogados das Illas Virxes Britránicas. A súa experiencia como avogado céntrase no dereito comercial internacional.[3]
Paralelamente ao seu labor como xurista, Malek é un estudoso da numismática do mundo islámico, e centra as súas investigacións e as súas publicacións na economía monetaria e na moeda dos Abásidas e dos árabe-sasánidas.[4][5]
En 1986, Malek casou con Inez Dies Vegelin Van Claebergen, con quen tivo tres fillos.[2]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Hodge Malek en materia numismática.[7][8][9]