Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII |
Morte | Despois de 774 |
Rei de Northumbria | |
765 – 774 ← Aethelwald Moll de Northumbria – Aethelred I de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Osgifu |
Fillos | Alchmund of Derby (en) , Osred II de Northumbria |
Pai | Eanwine (en) |
Ealhred, Alhred ou Alchred foi rei de Northumbria de 765 a 774.
Casou con Osgifu, ben filla de Oswulf e neta de Eadberht, ou filla de Eadberht, polo que estaba emparentado con Ecgberht, Arcebispo de York. Sobrevive unha xenealoxía que fai a Ealhred descendente de Ida de Bernicia a través dun fillo de nome Eadric.
Aethelwald Moll foi deposto en 765 e Ealhred converteuse en rei. Pouco se fala do seu reinado na Crónica anglosaxoa, á parte de que foi rei, e de que posteriormente foi deposto e exiliado en 774. Simeón de Durham na súa Historia Regum Anglorum informa que fuxiu ao reino dos pictos, onde foi recibido por Ciniod.
Frank Stenton nota a conexión de Eahlred coas misións inglesas no continente. A misión de San Willehad, que levou á fundación do Arcebispado de Bremen, foi autorizada por unha asemblea relixiosa convocada por Ealhred. Tamén conservamos unha carta de Ealhred a San Lull, Arcebispo de Maguncia, nativo de Wessex.
Ealhred foi sucedido por Æthelred, fillo de Æthelwald Moll. O seu fillo Osred sería rei posteriormente. Un segundo fillo, Ealhmund morrería durante o reinado de Eardwulf e sería venerado como Alcmund de Derby.
Reis de Northumbria | |
---|---|
Reis de Deira e Bernicia 604–642 | |
Reis de Northumbria 642–867 | |
Reis de Jórvik 867–954 |